- Datos
- Acontece
Novo récord de fogares galegos sen infancia nin adolescencia
En oito de cada dez fogares non hai ninguén menor de 16 anos. A cuarta parte do total están compostos só por maiores de 65.
'Xenocidio', palabra galega do ano con Gaza na mente
Na votación organizada pola Real Academia Galega e o Portal das Palabras da Fundación Barrié o termo sumou máis do 40% dos case 7.200 votos rexistrados. O segundo máis votado entre os finalistas foi Foliada, con case o 20%; no terceiro posto ficou lume seguido de desfeita, loia e retrinco.
- 📺
- Política
O PSdeG felicita o Nadal prometendo "escoita" en contraposición ao "ruído" do PP
Na súa mensaxe de Nadal o líder dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, fai balance dun 2025 marcado polas esperas na sanidade, os problemas de acceso á vivenda, as eivas no ensino ou os incendios e chama a situar as persoas no centro da política fronte "a quen leva anos gobernando sen escoitar".
A Garda Civil escoltou a saída das furgonetas de Amazon ante a folga no almacén do Porriño
A folga convocada este martes no centro loxístico da multinacional tivo un seguimento do 100% segundo a CIG. Aínda que o persoal tentou impedir a saída dos vehículos de reparto, as forzas de seguridade interviron para escoltalos. A compañía só foi quen de dar saída a parte dos paquetes almacenados grazas á contratación a través de empresas de traballo temporal.
Ourense peonaliza seis novas rúas na implantación da súa Zona de Baixas Emisións
Este venres entra en vigor a Zona de Baixas Emisións (ZBE) da cidade de Ourense, na que non se comezará a sancionar aos vehículos infractores ata xullo do ano que vén. A medida acompáñase da peonalización das rúas Valle Inclán e Arturo Pérez Serantes e de parte da Avenida de Bos Aires, das rúas Cardeal Quevedo, Bedoya e dun lateral do Parque de San Lázaro.
Galician Beats: o pulo da música electrónica no país
O proxecto Galician Beats realizado polo xornalista Alejandro Gándara Porteiro, busca contextualizar e rexistrar a evolución contemporánea da música electrónica en Galicia. O autor ofrece un contexto global e local para explicar o fenómeno polo cal a electrónica pasou dunha posición marxinal a formar parte das principais propostas musicais da escena galega. A investigación inclúe entrevistas con artistas como Nuno Pico (Grande Amore), Alejandro Guillán (Baiuca), Belén Vidal (Bflecha) ou Elba Souto.
- 📺
- Política
A cea de Rueda e o monólogo de Pontón abren o Nadal político galego
O PP presentou este ano o presidente da Xunta como cociñeiro dunha cea "para todos os galegos" entre mencións ao PSOE e BNG como corruptos e intolerantes. A portavoz nacional do BNG vira monologuista para, "con todo o meu humor", felicitar as festas con chanzas e referencias á actualidade
Rosalía, icona: un paseo virtual por un mito en continua reconfiguración
A Cátedra Rosalía da Universidade de Santiago vén de lanzar o primeiro museo en liña de iconografía rosaliana, resultado do traballo de Laura Camino. A ferramenta interactiva pódese visitar libremente e permite acceder por primeira vez a un percorrido virtual polas representacións da escritora desde o século XIX ata os nosos días.
A Lotaría de Nadal deixa dez millóns na Agra do Orzán, o barrio máis humilde e diverso da Coruña
O Gordo esquiva Galicia pero o resto de premios deixan varios millóns de euros en numerosas localidades, incluído o segundo, que caeu no número que xogaba a empresa Bimba y Lola.
A declaración da música e o baile tradicionais como ben de interese cultural culmina ao segundo intento
Despois dun primeiro intento en 2018, o proceso reiniciou en 2024 e culmina agora outorgando o máximo nivel de protección á música e baile tradicionais. O decreto recoñece o “gran protagonismo que teñen as mulleres no folclore galego” e recolle medidas de salvagarda para a protección deste patrimonio
Aumenta a presión veciñal na Limia contra a planta de biogás de ENCE
Macroplanta Biogás na Limia NON rexistrou este luns máis de 1.600 alegacións contra o proxecto nas oficinas da Subdelegación do Goberno e do concello de Xunqueira de Ambía
Falece o actor Celso Bugallo
Celso Bugallo faleceu en Pontevedra aos 78 anos. O actor nado en Sanxenxo en 1947 foi merecedor do Premio Goya en 2005 como actor de reparto, polo seu papel de irmán de Ramón Sampedro no oscarizado filme 'Mar Adentro', de Alejandro Amenábar