O PSdeG pide amparo a Santalices fronte ao deputado do PP que acusa de "corruptelas" a Besteiro e Méndez
"É esperanzador ver que hai socialistas que decidiron plantar cara ás corruptelas de Besteiro, Pardo de Vera, Lara Méndez e o presidente da Deputación. Todo o meu respecto", escribiu Gonzalo Trenor, parlamentario do PP pola Coruña. Os socialistas cren que as declaracións teñen "especial gravidade" tras o arquivo final do caso Pulpo, "que a partir de denuncias anónimas falsas mantivo a Besteiro afastado da vida política máis dunha década"
O PP recibe as protestas feministas polo caso Villares con pancartas contra Sánchez e Pontón
Unha trintena de organizacións feministas reprochan o "apoio público e persoal ao conselleiro imputado por agresión sexual" e que "non houbese unha soa mensaxe pública" do Goberno galego "esixindo xustiza e reparación para a vítima"
850.000 persoas en Galicia están expostas a contaminación por riba dos límites que marca UE
Un terzo da poboación galega respirou aire contaminado e por riba dos novos límites legais en 2024 malia a mellora na súa calidade. Un informe de Ecoloxistas en Acción sinala o fracaso das zonas de baixas emisións nas cidades, agás o éxito de Pontevedra: sen implantar no resto e "ineficaz" na Coruña.
Lume, sardiñas, churrasco e festa en todo o país nun San Xoán festivo en medio cento de concellos
A gran festa popular que máis se estende por Galicia abre o verán nunha noite tras a que chega un día festivo só en 48 concellos. Así e todo, non hai moitos barrios, vilas, aldeas ou lugares que entre o serán do 23 de xuño e as primeiras horas do 24 de xuño non arrecendan a fume, non vexan bailar as lapas, non teñan na grella unhas sardiñas, uns chourizos ou un churrasco ou non bailen ao son desas músicas que, con independencia da letra, sempre acaban dicindo "verán"
Pontón reivindica a "honradez" dos gobernos do BNG e Besteiro a do PSOE por "expulsar" os corruptos
A líder nacionalista remarca a "clara diferenza" entre o Bloque e "o bipartidismo español": "Nin somos nin queremos ser como eles". O secretario xeral do PSdeG di que "mentres outros calan ou tapan prácticas vergoñentas" o seu partido nin as "tolera" nin as "xustifica".
Celta e Dépor, unidos polo rural da man de Iago Aspas e David Mella
Feiraco uniu os dous principais equipos do país nun partido protagonizado por Aspas e Mella entre vacas e tractores e arbitrado por unha gandeira da cooperativa. "Ao final, ti e máis eu somos do mesmo equipo", remata dicindo Aspas. "Si, o equipo de Galicia", responde Mella
Tanxugueiras, Lia Kali, Xoel López, Biznaga, Bala... O San Froilán comeza a desvelar o seu menú musical
Nomes consagrados e voces emerxentes da escena musical subirán aos escenarios das patronais lucenses, que tamén confirman a Guadi Galego, Vera Fauna, Lucía Pérez ou El Consorcio
Os sindicatos asinantes do pacto educativo levan a Xunta ao xulgado polo seu incumprimento
Sánchez di que gobernará "ata que a maioría democrática o queira" fronte "á peor alternativa" de Feijóo e Abascal
Pedro Sánchez recoñece que no PSOE “merecen” a crítica pública polos feitos coñecidos no informe da UCO da Garda Civil, mais resaltou que o seu “deber” está en “protexer” o Goberno de coalición con Sumar. “As eleccións son cada catro anos, así foi e así seguirá sendo”, incidiu o presidente do Goberno de España e líder socialista
Un home asasina unha muller na Coruña nun novo crime machista
O agresor asestou varias puñaladas á falecida pouco despois das 6.30 horas da mañá. A Policía acudiu pouco despois e detivo de inmediato o home no propio inmoble. Activouse o protocolo VioGén por un posible caso de violencia de xénero, pois segundo varias fontes asasino e asasinada eran ou foran parella, un dato aínda non confirmado polas autoridades. Trataríase así do terceiro asasinato por violencia de xénero en Galicia este ano.
Adega alerta dos posibles prexuízos para as Fragas do Eume da planta de ENCE nas Pontes
A entidade ecoloxista denuncia que a factoría de reciclaxe de papel e cartón para fabricación de pasta de celulosa, que xa conta coa declaración de impacto ambiental favorable da Xunta, "de circular ten ben pouco" e advirte dos efectos sobre o río do vertido das augas empregas do proceso industrial "cunha alta carga orgánica".
Xosé Manuel Beiras, homenaxeado como escritor: a "relevante achega" que completa o seu legado
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega dedicou ao político e economista, pero tamén ensaísta e tradutor, o seu acto anual dedicado ao escritor na súa Terra. En Compostela, Beiras plantou un teixo e descubriu un monolito na súa honra no Parque de Galeras. Posteriormente Miguel Anxo Fernán-Vello ofreceu unha laudatio dedicada ao autor.