Investigadores da Uvigo identifican unha clave para vencer a resistencia de cancros aos fármacos
O equipo liderado pola doutora María Mayán, do grupo CellCOM do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) descubriu un novo mecanismo molecular capaz de restrinxir a capacidade das células tumorais para reparar o seu ADN, a principal forma de defensa fronte aos fármacos. Mayán destaca o valor de realizar "ciencia de vangarda" desde Galicia.
A "incapacidade" da Xunta para acoller menores revela o "deterioro" do sistema, alerta o Colexio de Psicoloxía
A conselleira de Política Social, Fabiola García, afirmou este xoves que Galicia non ten na actualidade nin unha soa praza dispoñible para acoller menores estranxeiros non acompañados que neste momento se atopan noutras comunidades autónomas. O Colexio de Psicoloxía amosa a súa "fonda preocupación" pola "situación crítica" do sistema, da que culpa á "escasa vontade política e institucional" da Xunta.
A Coruña aproba homenaxear os Diplomáticos de Monte Alto coa rúa que honrou a un alcalde franquista
A proposta do BNG para substituír no rueiro a Eduardo Sanjurjo pola histórica banda bravú sae adiante cos votos socialistas e nacionalistas e o "non" do PP. PSdeG e Bloque destacan a achega dos 'Diplos' á música galega e á "Coruña dos barrios" cunha iniciativa que sinala a necesidade de cumprir coa Lei de Memoria Histórica. Os populares afean que pretendan "borrar a historia"
A alcaldesa de Mos usa a cidade do Celta para pedir que Feijóo goberne España
"Que dentro de dous anos, cando rematemos todo isto, o presidente Feijóo veña inaugurar estas instalacións como presidente do Goberno de España", desexou Nidia Arévalo ao intervir na presentación da segunda fase do complexo do club vigués no seu municipio, que foi mudando entre rexeitamentos dunha comunidade de montes afectada, unha licenza ilegal, unha reforma para legalizala ou a recente declaración como Proxecto de Interese Autonómico
Baiuca e Biznaga, nas Festas do Apóstolo que pregoará Blanca Millán
Maika Makovski, a Orquestra Bravú Xangai ou Sés estarán tamén nas festas compostelás, cuxo cartel homenaxea o deseñado por Castelao para a mesma celebración en 1912
Unha investigación da Uvigo constata que o eucalipto prexudica a biodiversidade dos regatos galegos
O equipo analizou vinte regatos de dez concellos pontevedreses, nos que achou que nos que discorrían por plantacións de eucalipto os ecosistemas fluviais perderan “riqueza e diversidade”. Piden que a actual prohibición de plantar esta especie a menos de 15 metros de ríos de máis de dous metros de ancho se aplique tamén a regatos máis pequenos
Sánchez propón un plan estatal contra a corrupción e reivindícase como "político limpo"
O presidente do Goberno de España comparece no Congreso para dar explicacións polo 'caso Cerdán' e advirte: "Non vou tirar a toalla". O plan, do que promete cumprir "até a última coma", inclúe unha Axencia de Integridade Pública e controis aleatorios sobre o patrimonio de altos cargos
A Asociación de Actores e Actrices festexa os seus 40 anos facendo memoria dos logros acadados
A AAAG, consituída en 1985, celebrou este martes en Compostela o seu 40 aniversario cun encontro aberto protagonizado polas fundadoras Rosa Álvarez, Luma Gómez e Gonzalo Uriarte e unha mesa redonda moderada por Anabell Gago
Drons e intelixencia artificial para tentar frear a "invasión" da ostra xaponesa na costa galega
A empresa Telespazio Ibérica e o CSIC adestran en 15 praias da Mariña e do norte da Coruña un algoritmo para "identificar de forma automática e precisa" os bancos desta especie a partir de imaxes captadas por aeronaves non tripuladas. "O que comezou como un experimento acuícola hai décadas converteuse nunha ameaza socioeconómica que pon en xaque o marisco galego", advirten
A Rapa das Bestas de Sabucedo pecha unha nova edición coa súa declaración como Ben de Interese Cultural
Este luns 7 de xullo finaliza na Estrada unha nova edición da celebración, que dende o pasado venres é Ben de Interese Cultural do patrimonio inmaterial. A Consellaría de Cultura destaca que a rapa é "unha das festas máis antigas de Galicia" e subliña "os valores de autenticidade, identidade e vontade colectiva converten Sabucedo no centro de atención de todos os medios do país e de fóra"
'Quando a terra foge', premio á mellor película nun Curtocircuíto que levou o cine ás rúas de Santiago
Pupa, de Antía Carreira, fíxose co Premio Supernova e o Premio Planeta GZ foi para Furada negra, de Berio Molina. A gala de entrega dos galardóns puxo fin a seis días de cinema, música, encontros e sesións especiais que se caracterizaron por levar aos espazos públicos da cidade de Compostela as proxeccións e outras actividades do evento.
Feijóo ábrese a pactos con Vox para chegar ao poder
"Os seus votantes merecen un respecto e eu non estou disposto a arrecantalos", afirmou o reelixido líder do PP sobre un acordo coa ultradereita. O ex-presidente da Xunta tampouco se pecha a acordos cos partidos nacionalistas, agás Bildu. Promete baixadas de impostos e control da inmigración, pero abre a porta a manter moitas das medidas e políticas aprobadas polos gobernos progresistas, dende a suba do salario mínimo ao matrimonio igualitario.