A Banda Sinfónica Galega gaña o primeiro premio no Certame Internacional Ciutat de València
A Banda Sinfónica Galega proclámouse gañadora da 137 edición do CIBM Ciutat de València na sección libre. O Palau de la Música puido desfrutar este venres dunha grande actuación que acadou un total de 352 puntos e o recoñecemento do xurado, cunha agrupación formada integramente por músicos galegos e comandados polo mestre David Fiuza.
Carmucha VST, a primeira ferramenta virtual de percusión tradicional galega
O turismo masivo agudiza o impacto do cambio climático e do urbanismo no litoral galego
Un novo informe de Greenpeace sobre os efectos da crise climática e da construción na costa de Galicia advirte dos efectos de apostar por un "turismo crecente" sen protección abonda e sinala a Xunta por "repetir os mesmos erros que deterioraron abondosos espazos costeiros".
Música, contos e gastronomía: Castelo Conta celebra o décimo aniversario con máis días de festa
De Vacas, Lisdexia, Monolius Dop, Zënzar, The Rapants, Carlos Núñez, Ortiga, Sés, Alana ou Tanxugueiras serán algúns dos atractivos musicais dun evento que volverá contar cun gran espectáculo de monólogos e actuacións para todas as idades e que incorpora o Monte Xalo como novo escenario.
A selección galega prepara en Irlanda a súa quinta participación no Mundial de fútbol gaélico
Os combinados masculino e feminino, recoñecidos oficialmente, disputan varios partidos de cara aos World Games que se celebrarán o vindeiro ano.
A Galicia mariñeira entrégase ao Carme (e a política, con ela)
O Carme xunta abondosa presenza política nos actos festivos por toda a costa. Rueda centra a axenda na entrega de despachos na Escola Naval de Marín, Ana Pontón celebra a festa en Ribeira e José Ramón Gómez Besteiro, en Camariñas
Chus Pato e Yolanda Castaño procuran o que non ten nome ao pé da Muralla de Lugo
As dúas últimas gañadoras do Premio Nacional de Poesía do Ministerio de Cultura chegan este 17 de xullo ao ciclo poético e musical dirixido por Lois Pérez, que ata fin de mes acolle tamén unha homenaxe a Lois Pereiro con Antón Reixa, Xosé Manuel Pereiro e Pedro Granell e mais un repaso á primeira década de Apiario con Antía Otero e Dores Tembrás
Galicia, clave na detección da fusión de buratos negros máis grande xamais observada
O IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías), protagonista nun achado "de récord", no límite da relatividade de Einstein, unha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos.
Pontón pide á Xunta non recorrer a condena pola contaminación das augas na Limia e "poñerse a traballar"
A conselleira de Medio Ambiente anunciou a intención de recorrer a sentenza que constata a "inactividade" do Goberno galego e do Estado ante a auga contaminada polas macrogranxas apenas vinte e catro horas despois de que a ditase o TSXG. "O que teñen que facer Xunta e Estado é recuperar canto antes a calidade ambiental do encoro", di a portavoz nacional do Bloque
Outra protesta en Ourense exixe parar o traslado do Materno ata poder parir en "condicións dignas"
Ducias de persoas concéntranse ante o CHUO nunha mobilización á que acudiu a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que denuncia que "en pleno século XXI as ourensás teñan que parir en condicións terceiromundistas".
O PP de Feijóo negouse a retirar axudas da Xunta a medios con anuncios de prostitución
O agora líder do PP teima en ligar a Pedro Sánchez co "abominable negocio da prostitución" unha década despois de que o seu grupo impedise excluír do financiamento público os medios que publicasen anuncios que dende 2023 son legalmente "publicidade ilícita" en todo o Estado
Galicia rexistrou o xuño máis cálido dende que hai datos comparables
MeteoGalicia avanza que a temperatura media do mes pasado foi 20,5 graos, case tres por riba do habitual. Na segunda quincena do mes Ourense só tivo dous días nos que non superou os 30 graos e en catro xornadas rexistrou máis de 40