74 anos de cadea para os catro culpables de asasinar a Samuel Luiz
Diego M.M. é condenado pola Audiencia da Coruña a 24 anos de cárcere; Alejandro F.G., a 20 anos; Kaio A.S.C., a 20 anos e medio; e Alejandro M.R., a 10 anos de prisión. A maxistrada salienta que a agresión se iniciou pola "animadversión" do principal acusado "cara á condición sexual homosexual" que atribuíu a Samuel Luiz
- 📸
- Lecer
Os Reis Magos repartiron ilusión a pesar do temporal
A vista estaba posta no ceo, pero o temporal de vento e choiva e a alerta laranxa na costa de todo o país non venceron os Reis Magos de Oriente, que ao longo da noite pasaron polas casas das galegas e galegos tras visitar as vilas e cidades entre o sábado e o domingo.
Xa está activa castelao2025.gal, a web que centraliza as actividades do Ano Castelao
Un acto no Panteón o vindeiro martes 7 de xaneiro dará inicio ao groso das celebracións, pero na web xa están dispoñibles diversos recursos, "ligazóns de calidade para coñecer a vida, obra e tempo" de Castelao
Horarios e percorridos: as cidades galegas adaptan as cabalgatas dos Reis Magos á chuvia e o vento
Da cabalgata estática de Vigo á adiantada ao sábado de Santiago, as sete cidades tentan manter a ilusión baixo a auga
A RAG inaugura o ano das Letras dedicado ás cantareiras que tende pontes entre "tradición" e "vangarda"
A sección arrinca coa presentación da celebración da académica Ana Boullón e mais unha tribuna do académico Antón Santamarina, que destaca que o ano que empeza aspira a ser unha gran festa da cultura de noso na que “cantar para gañar galegofalantes”
20,45 euros da Coruña a Vigo, 7 de Santiago a Lalín ou 1,75 de Vigo a Baiona: así quedan as peaxes en 2025
Tras agardar o ministerio ás últimas horas de 2024 para facer públicas as porcentaxes de suba, a súa aplicación concreta a cada treito, redondeada de cinco en cinco céntimos, deixa estas taxas, ás que se aplican novos descontos
Reabre o segundo viaduto da A-6 en Pedrafita dous anos e medio despois
O ministro de Transportes anuncia a apertura en xaneiro do treito Melide-Palas da A-54 Lugo-Santiago e o seu remate total ao longo de 2025 coa posta en servizo do derradeiro treito Arzúa-Melide
Un estudo do Camiño de Santiago en Portugal revela a primacía de economía e turismo sobre a veciñanza
"Descoidouse a educación e capacitación das comunidades, o que reflicte un enfoque predominantemente turístico-económico", conclúe a investigadora Maria João Moreira
Suba das pensións e do IMV, transporte de balde: as medidas sociais confirmadas por Pedro Sánchez para 2025
As pensións contributivas máis baixas ascenderán arredor dun 6%. As non contributivas subirán ata un 9% e o complemento da Xunta quedará conxelado. O Consello de Ministros ratifica a extensión por seis meses dos abonos gratuítos no transporte e mais unha extensión ao imposto extraordinario ás empresas enerxéticas que ten por diante un difícil percorrido parlamentario
Máis descontos na AP-9 para usuarios recorrentes e vehículos pesados desde o 1 de xaneiro
O Consello de Ministros aproba as novas rebaixas comprometidas co BNG e eleva a 81,6 millóns o orzamento público reservado para subvencionar peaxes na autoestrada galega en 2025
A Lotaría do Nadal deixa décimos dos principais premios por toda Galicia
O segundo premio reparte 2,5 millóns en Vigo e Barbadás e o terceiro máis de 3 millóns en nove concellos
12 meses de celebracións arredor de Castelao no seu 75 cabodano
Un acto cívico na súa tumba no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres o 7 de xaneiro dará inicio ás homenaxes que as entidades organizadoras presentan como "diversas e estendidas por todo o país"