O cine galego na alfombra vermella: 'Sirât' opta aos Oscar a mellor filme internacional e mellor son
O vindeiro 15 de marzo coñecerase se a película dirixida por Óliver Laxe acada algúns dos galardóns. Terá a dura competencia da brasileira O Agente Secreto (Kleber Mendonça Filho) e a norueguesa Affeksjonsverdi (Valor sentimental, de Joachim Trier). No apartados de mellor son Amanda Villavieja, Lola Casanovas e Yasmina Praderas acadaron o fito de converterse no primeiro equipo exclusivamente feminino en ser candidato nesta categoría
USC, cuarta universidade do Estado en incubación de spin-offs
A USC conta con 34 compañías activas que xeran uns 150 empregos de alto valor e unha facturación anual duns 10 millóns de euros. Nas tres universidades galegas, o número de spin-offs activas ascende a 48, especializadas en ámbitos como Biotecnoloxía (26,9%), TIC (25%), Enerxía e Recursos (15,4%)
Arquivado o caso dos 'pellets' ao non atopar infraccións "suficientes" contra a protección do medio ambiente
A xuíza conclúe que non hai indicios de que "a conduta típica puidese prexudicar gravemente a calidade do aire, do chan ou das augas, animais ou plantas, o equilibrio do sistemas naturais, ou que se causara un risco de grave prexuízo para a saúde das persoas"
28 finalistas para a novena edición dos Premios Youtubeiras, con récord de participación
A edición deste ano do certame bateu o seu récord de participación, con 126 canles fronte ás 89 da edición anterior. A gala de entrega terá lugar no Teatro Jofre de Ferrol o vindeiro 7 de febreiro e será presentada por Carlos Vieito e Leila Fernández.
CIG-Ensino alerta do "uso de publicidade neofascista" en charlas policiais a escolares
A central sindical censura que persoal da Policía Nacional afirmase ante estudantes que propaganda de Vox contra menores migrantes é "liberdade de expresión e non un delito de odio" sen "contrastar datos" nin achegar maior contexto. Lamenta que unha acción do Plan de Convivencia e Mellora da Seguridade escolar, dependente do Estado, acabe "contribuíndo á manipulación e desinformación" da extrema dereita e contrástaa coa instrución de "neutralidade ideolóxica" ditada pola Consellería de Educación
- Obituario
- Acontece
Adeus a Mabel Montes, xornalismo e compromiso cos medios públicos
TVG e Radio Galega choran a morte da periodista, que levaba case tres décadas traballando nos servizos informativos. "Exerceu sempre o xornalismo dende a vocación de servizo público. Comprometida coa calidade da información e co respecto á audiencia", destacan.
Traxedia ferroviaria en Andalucía no peor accidente da alta velocidade dende o de Angrois
Cando menos 40 persoas morreron e máis de dun cento sufriron danos ao descarrilar un tren de Iryo en Adamuz (Córdoba) e bater contra un Alvia de Renfe que circulaba pola vía contigua
'Falarmos Nós': a ferramenta "sinxela e poderosa" para lanzarse a falar galego
A Área de Lingua da Deputación da Coruña ultima a súa rede de grupos de conversa en lingua galega. O proxecto procura crear "contornas seguras" onde persoas que "por falta de apoio na súa contorna ou por estaren aínda en proceso de aprendizaxe" precisan "recuperar a confianza no uso do galego fóra de contextos formais ou académicos"
A Balaídos coas unllas pintadas: a resposta do celtismo aos insultos homófobos contra Borja Iglesias
O Celta súmase á iniciativa da peña arousá Carcamáns Celestes para apoiar este domingo con retranca o xogador compostelán tras as afrontas e mofas que padeceu nos arredores do estadio do Sevilla
A Federación Galiza Cultura reclama a entrada na Unesco e carga contra a Xunta
A proposta de Sánchez para que Euskadi e Catalunya, pero non Galicia, entren na Unesco xa foi criticada por Consello da Cultura, RAG e fundacións literarias, pero a Xunta considera que non é unha prioridade
A 'Comisión O Castro' denuncia a limitada protección e actividade do Museo Carlos Maside
A nova entidade, formada por entidades culturais e sociais e coordinada por Iria-Friné Rivera Vázquez, denuncia "o estado de conservación do espazo, as obras da colección e a documentación, a ausencia de actividade e de programación fiel aos principios cos que foi creado e o nulo interese en que funcione como o que é".
O Sergas sinala o ministerio por unha folga médica que obriga a suspender centos de intervencións
A Consellería de Sanidade cifra no 20% o seguimento medio do paro na quenda de mañá, que sobe do 26% nos grandes hospitais, mentres O'Mega elévao ao 70%. Os sindicatos convocantes reclaman un estatuto propio para o persoal médico e tamén melloras das súas condicións laborais en Galicia.