Os medios en galego renden homenaxe a Lamas Carvajal, promotor de 'O Tío Marcos d'A Portela'
A Asociación de Medios en Galego organiza este luns 18 unha homenaxe ao escritor Valentín Lamas Carvajal, promotor de ‘O Tío Marcos da Portela’, primeira publicación escrita integramente en galego e que viu a luz o 7 de febreiro 1876.
- Galería
- Movementos sociais Santiago
Compostela clama pola “fin do exterminio do pobo palestino"
Milleiros de persoas chegadas de todo o territorio galego agruparon este mediodía as súas forzas en Compostela baixo o lema ‘Paremos o xenocidio. Galicia con Palestina’.
Yolanda Díaz: "Hoxe bota a andar a alternativa da cidadanía progresista do noso país"
Yolanda Díaz apelou este sábado ao BNG e PSdeG a “un traballo conxunto para gañar a Xunta”. “Temos diferenzas, pero quero transmitir esperanza e capacidade de traballo conxunto para chegar á Xunta igual que para o Goberno de España, porque é posible e necesario”, indicou a líder da forza política na presentación de Sumar Galicia na Coruña.
As ordes de protección a vítimas de violencia machista aumentaron un 17% en Galicia no verán
O número de denuncias por violencia de xénero entre xullo e setembro foi case o mesmo que no mesmo período de 2022, pero as 1.856 supoñen a cifra máis alta nun trimestre.
Sumar Galicia incorpora a número dous de Podemos, a quen xa obvia de cara a futuros acordos
A comisión promotora inclúe as deputadas Lois e Barbero, a Juan Díaz Villoslada, a actriz María Vázquez e representantes de diferentes sindicatos. O portavoz da formación, Paulo Carlos López, dá por feita a integración de Esquerda Unida.
O alcalde da Guarda, do PP, cobrou 3.800 euros de máis da Deputación de Pontevedra e atribúeo a "un erro"
O popular devolve os cartos que ingresou durante varios meses por asistencia aos plenos da Deputación malia que tamén conta cun soldo de deputado con dedicación exclusiva que o fai incompatible
O TSXG mantén a suspensión cautelar da mina de Penouta tras rexeitar os recursos de Xunta e empresa
A paralización desta explotación de ouro negro provocou a unión de empresa, sindicatos e partidos contra a decisión do Superior, que agora rexeita os recursos de Xunta e da mineira e insiste en que a tramitación do proxecto omitiu a avaliación dos impactos sobre a Rede Natura.
O comité apela agora ao Consello de Administración para deter a "manipulación" na CRTVG
A representación do persoal insta o órgano xestor dos medios públicos a deter un control político da información que "cada vez vai a máis" e advirte dos nulos avances para a creación do Consello de Informativos e da "irrelevancia" da Radio Galega.
Oito concertos para "cantar a nación" e conmemorar o 116 aniversario da estrea do Himno Galego
O vindeiro mércores 20 de decembro Vía Galega e Galiza Cultura organizan oito recitais nas sete cidades galegas e mais en Arzúa nos que se celebrará a efeméride e se reivindicará o "texto fidedigno" do himno.
Pontón defende ante dúas comisarias da UE máis axilidade na xestión dos fondos europeos e maior participación dos concellos
A líder do BNG quere utilizar máis recursos comunitarios para a innovación e combater o despoboamento
Ronsel de Futuro: unha viaxe á rede de museos da provincia de Lugo
A webserie documental percorre os catro museos da Rede Provincial: Museo do Mar, Museo-Fortaleza San Paio de Narla, Pazo de Tor e Museo Provincial de Lugo, a través dos artistas, colectivos e asociacións vencelladas á propia rede. Entre o 14 e o 27 de decembro haberá seis presentacións en Santaballa, Parada de Courel, Barreiros, Lugo, Meira e Monforte
- Datos Escola pública
- Acontece
Máis do 9% do profesorado do ensino público en Galicia é interino
Un estudo de CIG-Ensino a partir dos datos de Educación debulla a situación dos máis de 30.000 docentes. A central sindical tirará destas cifras para reclamar á Xunta unha oferta de emprego público coas prazas necesarias "para reducir a taxa de interinidade total por baixo do 5%".