O primeiro conselleiro de Cultura con Feijóo: "Eu apoiaba o galego como lingua oficial, niso non coincidiamos"
O meañés Roberto Varela reflexiona sobre a súa traxectoria nunha entrevista con 'La Voz de Galicia' na recta final dunha longa carreira diplomática que tivo como paréntese ser membro do Goberno da Xunta de 2009 a 2012, cando o PP retornou ao Executivo asumindo como propio o discurso dunha suposta "imposición" do idioma
A Coruña de hai un século, en imaxes: o legado do descoñecido fotógrafo Antonio Pérez
A pasada semana o Arquivo do Reino de Galicia publicou en Galiciana unha colección de 198 imaxes realizadas nos primeiros anos do século XX, maioritariamente na cidade herculina por un fotógrafo do que pouco ou nada sabemos. Predominan as fotografías de persoas, individualmente ou en grupo, pero hai tamén algunhas imaxes nas que se poden ver paisaxes e edificios, nalgúns casos xa desaparecidos.
- 📷
- Acontece
As rúas galegas lembran que á igualdade só se chega con máis feminismo a diario
Milleiros de persoas maniféstanse en cidades e vilas este 8M Día Internacional da Muller en demanda de mellores condicións de vida e laborais
"Fronte ao fascismo, a resistencia é feminismo": 20 cidades e vilas galegas mobilízanse no 8M
As convocatorias principais terán lugar pola tarde (ás 18 horas en Vigo, A Coruña, Ourense e Pontevedra, ás 19 horas en Ferrol, ás 20 horas en Compostela) pero tamén hai citas dende a mañá en varias cidades e vilas, entre elas Lugo.
O'Mega teima na folga médica e acusa o Sergas de "soberbia" e "actitude hostil"
O paro indefinido na atención primaria continúa tras fracasar de novo as negociacións entre o sindicato médico convocante e a Consellería de Sanidade e logo de suspenderse 17.000 consultas en tres días.
"Evidencias" dende A Coruña na investigación pola violencia contra mulleres e menores na IA de Musk
A AESIA, con sede na cidade herculina, disponse a achegar datos á investigación da Comisión Europea sobre a intelixencia artificial Grok por "permitir crear e difundir imaxes sexualizadas ou sexualmente explícitas creadas sen consentimento". A axencia estabiliza a súa colaboración co Instituto das Mulleres para "combater a violencia dixital e corrixir os nesgos de xénero" nestes sistemas
Galicia rexistrou o febreiro con máis chuvia desde 1979
Meteogalicia confirma o conxunto do inverno como o máis húmido desde 2000, pero cunhas temperaturas máis elevadas que o habitual
'Reconversión', 'A serie clopen' e 'TROMSØ', producións con máis finalistas aos María Casares
Os galardóns, que organiza a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, entregarante o 8 de abril no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Reconversión, de Ibuprofeno Teatro, con 11 nominacións; A serie clopen, do CDG, con 10; e TROMSØ, de Morraoconto con 7, dominan as candidaturas e optan ao premio ao mellor espectáctulo.
Política cultural nos concellos: manual de instrucións
A área de Cultura da Deputación da Coruña presenta o 'Manual para políticas culturais' dirixido a persoal técnico, responsables políticos e axentes do sector no marco da iniciativai 'A cultura é un dereito'
Saberes do monte: "Coñecemento tradicional" para afrontar crise climática e incendios
O consorcio liderado pola Fundación Juana de Vega e participado polas universidades da Coruña e Santiago recibe o apoio da Caixa Rural Galega para actuar na Serra do Xistral, Negueira de Muñiz, Os Ancares, O Courel e a Serra da Groba
"A posición do Goberno resúmese en 'Non á guerra'", di Sánchez, que se contrapón co "trío dos Azores"
O presidente asegura que o seu executivo "traballa coa posibilidade" de que a de Irán sexa unha guerra longa" e prepara "medidas económicas"
O plan das Tanxugueiras para o seu novo disco: volver facer historia no Coliseum da Coruña
Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro presentarán o vindeiro 17 de outubro 'O Cuarto' no seu único concerto en Galicia este ano, que servirá tamén para celebrar o décimo aniversario do grupo. Este 4 de marzo saen á venda as entradas para o que as Tanxugueiras queren que sexa "un reencontro cheo de significado" en torno ao seu novo traballo, unha "proposta máis madura" que "reafirma o seu compromiso coa lingua e o folclore galegos"