Chega 'Breogán', a primeira gaita virtual para tocar dende o ordenador
O trebello, en aberto de de balde, estará dispoñible dende este sábado 21. Foi desenvolvido polo creador coruñés Carlos Lijó, que o pasado ano presentou tamén Carmucha, unha aplicación que ofrece ritmos de pandeireta, tamboril ou pandeiro. O plugin inclúe tamén outros instrumentos de vento tradicionais, como o pito galego, a requinta e o asubío.
Medir a contaminación na Coruña e Vigo a 16 e 25 metros do tráfico: Ecoloxistas en Acción desmonta o sistema
Un estudo sobre estacións de medición da calidade do aire nas 25 principais cidades españolas invalida os seus emprazamentos, que estarían a enmascarar contaminacións máis elevadas do que rexistran
Jaione Camborda, Premio Pedigree do Festival de Cans
O Festival de Cans, que se celebra do 19 ao 23 de maio, recoñece tamén a Janet Novás e Paco do Buraco. O certame destaca que a directora "constrúe relatos profundamente enraizados no territorio, cunha mirada que sitúa ás mulleres no centro da historia e que explora os límites do ser humano" e subliña "a súa aposta pola lingua galega como vehículo para o seu cinema".
María Xosé Queizán, unha escrita "valente" que “trae a experiencia das mulleres ao centro da trama”
Vigo acolleu este martes unha homenaxe de RAG á autora co gallo do Día da Poesía. Introducida por Margarita Ledo e coa música de Uxía, unha ducia de autoras e autores achegaron a súa visión sobre a “insubordinada potencia emancipada" da súa obra.
A Xunta avanza cartos para "captar" rutas aéreas "coa mesma contía" na Coruña, Santiago e Vigo
O conselleiro Calvo asegura no órgano de coordinación impulsado por Aena estar disposto a que os fondos para "promoción turística en orixe" teñan a "mesma contía para cada terminal e cada nova ruta". Na década pasada o Goberno de Feijóo contratara un "plan estratéxico" para os aeroportos, instara a que os tres funcionaran como un só "con tres terminais" e acabara retirándose da cuestión alegando que se trata dunha competencia estatal
Santiago avanza nun parque público de alugueiro coa rehabilitación de edificios abandonados
O Concello vai rehabilitar cinco edificios de propiedade municipal na rúa da Caramoniña, nun dos laterais do Parque de Bonaval. Quérese "dar exemplo como administración pública", destaca o concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás, que di que a actuación busca “avanzar na creación dun parque municipal de vivenda en alugueiro na cidade histórica.
Dependentas da Coruña, na rúa contra un convenio estatal "que suporía retroceder 20 anos"
Persoal do comercio convocado por CIG e UGT esixe na rúa que as empresas negocien a renovación do caducado convenio provincial no canto de impor a "centralización" da man da nova patronal de "Inditex, Mango, H&M, Primark, Cortefiel, Kiabi ou Uniqlo"
Rosa Crujeiras, primeira reitora da USC
A catedrática de Estatística, que xa foi vicerreitora, imponse cun 61,6% do voto a Maite Flores, catedrática de Óptica, cun 31,8%
O Estado condena a actuación da policía en 1972 nun 10 de marzo que clama contra a "precariedade"
O Goberno de España aprobou unha Declaración Institucional de recoñecemento ás vítimas daquela xornada de hai 54 anos na que condena a "actuación desproporcionada" da Policía Armada. Ferrol volve ser o epicentro da reivindicación do movemento obreiro galego.
As redeiras, protagonistas da Mostra de Cinema Etnográfico
A XXI edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego (MICE) comeza este martes cunha sesión inaugural no Teatro Principal. Desenvolverase ata o domingo 15 cunha presenza central das creadoras e poñendo o foco, tamén, nos arquivos audiovisuais caseiros.
Mary Bruce, PCIN e José Precedo, finalistas do Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa
Mary Bruce, correspondente xefa de ABC News na Casa Branca, foi atacada por Trump; a organización Periodistas y Comunicadores Independientes de Nicaragua creouse como resposta aos ataques do goberno dese país contra as e os informadores; e José Precedo, xornalista galego de elDiario.es, defendeu o dereito ao segredo xornalístico ante o Tribunal Supremo
A folga enrédaselle ao Sergas: persoal médico négase a facer 'peonadas'
Facultativos de toda Galicia rexeitan levar a cabo esta actividade voluntaria fóra do seu horario habitual que axuda a reducir as listas de espera en "protesta" pola "negativa de Sanidade a negociar unhas condicións laborais dignas que permitan desconvocar" o paro indefinido e para que estas horas extraordinarias "non sexan a solución nin un parche ás suspensións derivadas do dereito á folga".