Bombeiros forestais reclaman "traballo digno todo o ano": "O deste verán non pode volver pasar"
Arredor de 400 traballadores do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios, convocados pola CIG, demandan un "servizo público e con garantías laborais" e ampliar o tempo de traballo do persoal fixo-descontinuo ata os doce meses.
750 artistas para un Culturgal ambicioso que aposta por unha cultura "entretida e útil"
Este xoves presentouse a programación do encontro cultural que se celebrará en Pontevedra do 28 ao 30 de novembro. Uxía Senlle ofrecerá un concerto de benvida o xoves 27, que dará paso a tres días de espectáculos, un total de 225 actividades, con énfase na música, os contidos infantís, a literatura (cunha homenaxe a Begoña Caamaño), as artes escénicas e o audiovisual, con adiantos de novas producións galegas de cine e teatro.
Castelao para o Samaín: cinco representacións de 'Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete'
A Federación de asociacións culturais Galiza Cultura organiza unha serie de representacións e lecturas dramatizadas da obra, que terán lugar dende este venres 31 e ata o xoves 6 de novembro na Coruña, Ferrol, Gondomar, Santiago e Betanzos.
- Interactivo
- Lecer
Estes son os festivos no teu concello en 2026
A Consellería de Emprego publica a resolución coas festas laborais de ámbito municipal, dous días por localidade dos que máis da metade elixe que o Martes de Entroido sexa un deles. Engádense a tres de ámbito galego e nove que rexen en todo o Estado.
A Xunta inaugura en outono a plataforma de baño na Coruña que prometera para hai dous veráns
A piscina flotante do Parrote foi prometida por Feijóo para 2023 pouco antes de marchar a Madrid e deixar a presidencia do Goberno galego. A conselleira de Vivenda cre que a estrutura "suporá un revulsivo e un novo atractivo turístico" na cidade.
Cineuropa: 140 películas como "resistencia cultural" en Compostela
A 39ª edición do festival celebrarase do 7 ao 23 de novembro. Na programación destacan os novos filmes de Paolo Sorrentino, Jim Jarmusch, Richard Linklater, François Ozon, Olivier Assayas, Lucrecia Martel, Radu Jude ou Joachim Trier
Creatividade, sorpresa e humor: o legado do Hematocrítico segue vivo no segundo Hematofesti
Ignatius Farray, Héctor de Miguel, Teresa Rabal, Paula Carballeira, Noel Ceballos, Luz Casal, Touriñán, Yolanda Castaño, Bea Lema, Javier Jaén, Lucía Aldao, Bea Gregores, Grande Amore, Eva Mejuto... A listaxe de creadoras e creadores que forman parte da segunda edición do Hematofesti, que se celebra en Vigo do 4 ao 8 de novembro, é case tan longa como a rede de afectos creada arredor deste festival de humor e literatura infantil
O BNG denuncia o "novo golpe democrático" da Xunta no Consello Galego de Estatística
Noa Presas censura que se trata dun paso "para eliminar a representación do pluralismo político do Parlamento no Consello Galego de Estatística e para avanzar no control político da información que xera o IGE"
Case 800 quilos de lixo apañados en 22 concellos noutra limpeza simultánea de praias
Unha nova edición da Limpeza Simultánea de Praias, coordinada por Adega, xuntou centos de persoas para limpar os areais e "denunciar a problemática ambiental do lixo mariño".
Seis adolescentes e un bebé a cargo dunha auxiliar: unha sentenza revela a atención a menores desamparados
O TSXG anula o despedimento dunha traballadora dun piso de menores no que se denunciou unha violación e di que non se lle pode reprochar que ademais das tarefas da casa e administrativas "estea vixiante todo o tempo"
O TSXG ratifica unha multa de 90.000 euros a Terras Gauda por usar un produto non autorizado nos seus viños
A sentenza salienta que a adega coñecía do "carácter prohibido" da súa actuación e non ofreceu "xustificación algunha" para a presenza nas súas instalacións de mosto concentrado rectificado, "polo que ha de considerarse que a única finalidade é o aumento do alcol"
Mondra, Tanxugueiras ou Fillas de Cassandra, entre as finalistas dos Premios da Industria Musical
Entre os e as finalistas están profesionais que forman parte dos equipos que rodean e fan realidade algúns dos proxectos musicais do país máis destacados da actualidade. Os galardóns da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) entregaranse o 27 de novembro na Sala Capitol de Santiago.