De ser as mellores do mundo á segunda división: o Burela paga a quebra do seu patrocinador
O Burela FS consumou este sábado o seu descenso, despois de 17 tempadas na máxima categoría do fútbol sala nas que gañou 6 ligas, 7 copas, dous trofeos continentais e nas que foi considerado dous anos como o mellor equipo do planeta. A quebra de Pescados Rubén a finais de 2024 deixou á entidade sen recursos económicos cos que competir ao máximo nivel.
Feminismo da ciencia ao humor para "desmontar prexuízos" na mocidade dende Lugo
Expertas en estudos de xénero, o papel científico das mulleres, psicoloxía, dereito ou intelixencia artificial, protagonistas nas Xornadas Feministas=Igualdade da Deputación lucense, que volveron poñer o foco na poboación adolescente
O cumio progresista encabezado por Sánchez proponse pasar de "resistir" á "liderar"
O presidente do Goberno de España e líder do PSOE clausura a dupla cimeira celebrada en Barcelona cun chamamento a "facer fronte ao medo con máis democracia e á desigualdade con máis xustiza". "As respostas que se deron neste espazo internacional son as mesmas que precisamos na nosa casa" en eidos como sanidade ou vivenda, salienta Besteiro
A Coruña, provincia 'gourmet' para visitantes que valoran a "calidade" e a gastronomía
Unha destacada representación de produtores e chefs participaron esta semana no espazo que a Deputación da Coruña levou á feira internacional Salón Gourmets, dirixida a profesionais. Catro xornadas demostracións e relatorios que serviron para tecer redes e pechar acordos de negocio e nas que as producións e cociñas do país amosaron o seu "tirón", destaca Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo e Promoción Económica.
As adegas cova de Seadur, un tesouro patrimonial que medrou como resposta á praga da filoxera
A Xunta declara Ben de Interese Cultural o conxunto de 81 covas construídas nesta localidade de Larouco, "exemplo dos xeitos de vida tradicionais e das relacións entre as xentes e os seus medios de produción" e da cultura do viño en Valdeorras. Na actualidade manteñen a súa actividade e constitúen tamén un espazo de encontro social, familiar e veciñal.
A estrada provincial de Monterroso a Guntín mellora as ligazóns no corazón da Ulloa
A recentemente renovada LU-P-30303 é parte da rede provincial de estradas da Deputación de Lugo, a máis extensa do Estado con máis de 4.000 quilómetros
Unha orde xudicial obriga a restituír profesorado de apoio nun centro pero a solución da Xunta réstao noutros
A CIG-Ensino denuncia a "vulneración" de dereitos do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e a "nefasta xestión" da Consellería de Educación. O nomeamento dunha docente de Audición e Linguaxe para dous centros, en Cee e Muxía, fixo que a Xunta modificase o horario doutras dúas especialistas e quedase sen servizo unha escola infantil.
Galiñas ceibas por fin: o Ministerio levanta o confinamento pola gripe aviaria
O Goberno de España decide suprimir todas as restricións sobre as aves de curral pola "mellora do escenario epidemiolóxico e pola eficacia das actuacións preventivas".
Pontón insta a Xunta a asumir o mantemento dos colexios e a xestión dos seus comedores
A líder do BNG lembra que as competencias educativas son do Goberno galego e debe "asumilas ao 100%" e "non delegar" nos concellos ou nas ANPAs obras ou a organización dos espazos para o xantar. O Bloque propón destinar 10 millóns de euros a contratar persoal para a atención á diversidade e un plan de mellora dos centros de ensino.
Jácome, ás portas dun xuízo por prevaricación por non pedir a compatibilidade coa súa empresa
O xuíz non cuestiona que o alcalde de Ourense poida compatibilizar actividades públicas e privadas senón que eludiu expresamente pedir permiso ao Pleno, como estaba obrigado, polo que podería levar sete anos cobrando indebidamente
A historia do movemento feminista galego a través dos seus documentos
O Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF) do Consello da Cultura Galega vén de poñer en marcha un novo espazo en liña para a difusión dos materiais do Movemento Feminista Organizado en Galicia que amosa, de momento, uns 700 documentos relativos a 12 entidades dende os anos 70 do pasado século
O 'Galician noir' reúnese nas Xornadas Literarias de Neda
O 16 e 17 de abril pasarán pola localidade nedense Arantza Portabales, Marta Villar, Rober Cagiao, Diego Ameixeiras, Pedro Feijoo, Óscar Reboiras e Isabel Ramos Breijo en dúas conversas que afondarán nas características e no éxito da novela negra feita en Galicia.