O metal corta a principal entrada á Coruña cunha gran marcha en demanda dun "convenio digno"
Arredor de 4.000 traballadores e traballadoras de toda a provincia manifestáronse na cidade nunha xornada manchada pola agresión cun petardo a unha xornalista, que tamén sufriu insultos machistas.
O 'Coche de Punto' consolídase en Pontevedra como transporte para a veciñanza do rural
Trátase dun servizo a demanda que conecta todas as parroquias do concello con diferentes espazos do centro da cidade a través de viaxes en taxi solicitadas cunha aplicación. Dende a súa posta en marcha triplicou o seu número de usuarios, que xa superan os 400 ao mes de media. O Concello vai renovar o seu contrato ata o ano 2029.
A primavera foi a máis seca desde hai 36 anos
Segundo MeteoGalicia, foi tamén un período moi cálido cunha temperatura media 1,4 graos superior ao habitual
Festa Raxada en Gondomar: outras formas de facer cultura dende o territorio
En Couso (Gondomar) organizan esta fin de semana, do venres 12 ao domingo 14, un festival cultural e comunitario, impulsado de maneira autoxestionada e con acceso de balde. Entre os e as artistas confirmadas están Pataghullos, Antimums, High Paw DJ Set, Seitura, The Gotxos Party, Mercedes Peón, Brassica Rapa, Esmorgadas, Bloquinho Aperta, Netta Rufina, Sun Iou, Xente Tóxica ou DJ Rapante.
Visto e prace do Estado á empresa galega que construirá a central reversible en Meirama
Coventina Renovables, do grupo formado por Tasga e Valtalia, obtén a conexión deste proxecto de bombeo e almacenamento enerxético que prevé un investimento de máis de 400 millóns de euros e a creación de 1.000 empregos durante unha década.
O papa defende no Congreso a pluralidade e a paz e oponse á eutanasia e o aborto
León XIV di que a Igrexa "recoñece a autonomía das comunidades terreas e a distinción entre comunidade eclesial e comunidade política" e cre que ambas poden coincidir na prioridade da "dignidade inviolable de cada persoa"
A Zona Vella de Santiago gusta menos que hai 30 anos polo efecto do turismo
Unha enquisa realizada polo Grupo Gálabra amosa a crecente visión crítica das persoas locais con respecto ao perfil dos visitantes. O traballo realizado foi presentado este mércores nun encontro organizado polas asociacións de veciños Fonsexa e A Xuntanza no Museo do Pobo Galego baixo o título de “Pulsar o corazón da nosa cidade: o turismo desexado”.
Manifestacións polo dereito á vivenda nas principais cidades galegas
As mobilizacións esixen das administracións medidas para abaratar os alugueiros, limitar a especulación, incrementar o número de inmobles públicos ou o control dos pisos turísticos
A Coruña ensaia a reserva de espazos para fogueiras de San Xoán na praia
O Concello coruñés lanza "unha proba piloto" con parcelas en Riazor ás que poderán optar "entidades e asociacións" da cidade, que virarán tamén en "responsables da limpeza" do lugar asignado. Unha gran sardiña deseñada polo cineasta Alberto Vázquez pon a imaxe neste 2026 á festa, que volve estar acompañada dunha semana de programación cultural coa 'Ruada das Xoubas'
O Supremo condena a 4 anos á ex-tesoureira de Audasa por apropiarse de 1,2 millóns de euros
A muller transfería cartos á súa propia conta identificando como supostas beneficiarias a empresas coas que a concesionaria facía habitualmente negocios
A Fiscalía do Supremo analizará se foi legal que o TSXG apartase o xuíz Villares dos casos eólicos
Tras recibir denuncias de varios colectivos a Fiscalía Superior de Galicia remite o caso á do Supremo por afectar a persoas aforadas
"A planta integrará investigación, fabricación avanzada ou loxística", di MG, a marca de SAIC para Europa
A marca de orixe británica mercada pola chinesa SAIC salienta que o seu proxecto en Galicia supón "o reinicio da fabricación en Europa"