O sector da alimentación mobilízase por un "convenio digno" e conta o "inmobilismo" da patronal
CIG, CCOO, UGT e USO convocaron mobilizacións na Coruña, Santiago, Ferrol e Ribeira nunha mañá na que o paro tivo unha incidencia especial, xa que coincidiu coas compras para as celebracións de San Xoán. Os sindicatos celebran o "éxito masivo" da folga e denuncian os "abusos da patronal", criticando non só as condicións laborais ofrecidas ata agora, senón tamén a resposta que algunhas empresas están amosando
O Dépor xa é 'da' Coruña: o 79% vota a prol do nome galego e legal da cidade
O 79,4% das persoas que participaron na consulta vinculante convocada polo club apoiaron o uso da forma galega da cidade e a participación superou o 50%. Alberto Pombo, profesor e director do IES Rafael Dieste e un dos impulsores da iniciativa Aquí Tamén Se Fala que iniciou a campaña para a mudanza do nome, di que "esta decisión vai moito máis alá dun cambio de denominación. É a materialización dun sentimento que levaba anos vivo na rúa, na bancada e na memoria colectiva da cidade"
Alertas pola calor e risco de incendio engádense ás precaucións habituais para o San Xoán
Este martes vai facer calor durante todo o día. Meteogalicia eleva a 41 graos a máxima prevista para Ourense, que será só un chisco inferior en Lugo (38 graos), Ferrol e Santiago (37). O Índice de risco diario de incendio forestal da Xunta alerta de perigo extremo no centro e sur da provincia de Ourense e de moi alto no resto da provincia ourensá e en boa parte do interior da de Lugo e Pontevedra.
Un terzo da poboación galega respira aire contaminado segundo os novos límites fixados pola UE
Durante 2025 a calidade do aire en Galicia mellorou con respecto a 2024 e os anos anteriores á pandemia. Porén 860.000 galegos e galegas estiveron expostos unha contaminación que excede os límites que entrarán en vigor a partir de 2030. Segundo os valores recomendados pola OMS, moito máis estritos, o aire contaminado afectou a toda Galicia.
A vaga de calor comeza con máis dun cento de concellos xa en alerta vermella
A Xunta advirte que o interior do país e as montañas das provincias ourensá e lucense están en situación de máximo risco por altas temperaturas, que superarán os 30 graos en boa parte de Galicia e os 35 en moitas zonas.
A voadura das torres de refrixeración da central das Pontes apunta a finais de xullo
Red Eléctrica fixara inicialmente o 16 de xullo como data para a demolición, pero a coincidencia coas festas do Carme levou ao Concello a pedir o seu adiamento. En todo caso, espérase que sexa en agosto como moi tarde, para continuar co proceso de limpeza dos terreos e poder darlles novos usos industriais.
A Fundación 10 de Marzo dixitaliza os seus fondos: 1.300 caixas de historia obreira de Galicia
Entre os materiais conservados destacan correspondencia privada, notas manuscritas, informes elaborados na clandestinidade, documentación de empresas clave do sector industrial galego e probas da represión franquista. O proxecto "está a transformar un arquivo disperso nun patrimonio histórico consultable por persoas investigadoras e pola cidadanía", subliña Xesús Castro, presidente da entidade.
A CIG paraliza obras no castelo de Monterrei por "explotación laboral de persoas estranxeiras"
O sindicato denuncia "as condicións de explotación que padecen arredor de medio cento de persoas traballadoras estranxeiras das subcontratas portuguesas"
Os sindicatos piden cesar o director de Xustiza da Xunta polo "colapso" ao aplicar a reforma xudicial estatal
Nunha comparecencia conxunta SPJ-USO, STAJ, UGT, CSIF e CCOO advirten dos efectos na cidadanía da demora que acumulan as causas e din que non son problemas puntuais senón estendidos por todo o país
Condenado a 13 anos e medio un home por agredir sexualmente en Vigo a dúas menores da súa congregación relixiosa
A Audiencia de Pontevedra salienta "os contundentes datos que corroboran a versión das menores", incluídas gravacións de cámaras de seguridade
Chuvias torrenciais en Ourense e Lugo en vésperas doutra vaga de calor
Viana do Bolo, Vilardevós, Vilamartín ou Monforte, entre as localidades máis afectadas polas fortes treboadas, con acumulacións de chuvia superiores aos 50 litros por metro cadrado en moi pouco tempo. MeteoGalicia prevé ata 38 graos en Ourense, 35 en Lugo ou 33 en Santiago para os vindeiros días
Greenpeace detecta temperaturas de 27 graos en aulas de Ourense
Greenpeace realizou un estudo en seis colexios e institutos de Alacante, Barcelona, Madrid, Ourense e Sevilla para documentar, mediante cámaras termográficas, as elevadas temperaturas que se viven estes días nos centros educativos. No instituto ourensán as temperaturas mínimas nas aulas situáronse preto dos 27 graos e no centro do patio as zonas sen sombra superaron os 40 graos.