Un agosto de música en María Pita: Mercedes Peón, Fillas de Cassandra, The Rapants ou Luz Casal
Este luns presentouse a programación das festas da Coruña. Á programación de concertos en María Pita, que comeza o 1 de agosto co pregón de Lucía Veiga, súmanse outras citas, coma o Festival Noroeste Estrella Galicia, o Certame de Habaneras, o Festival Internacional de Folclore, o festival Manicómicos, a Romaría de Santa Margarida ou o Viñetas desde o Atlántico.
O Barbanza mobilízase na Pobra contra as esperas "inxustificables" en centros de saúde e PAC
Unha manifestación percorreu este domingo as rúas da vila para demandar que a Xunta cobra todas as prazas existentes e que dote ao Centro de Saúde da Pobra dun Punto de Atención Continuada a tempo completo para evitar saturar os outros PAC da comarca.
- 🏳️🌈📷 Galería
- Movementos sociais
Contra o odio, orgullo
O orgullo máis combativo, transfeminista e galego fíxose escoitar nas rúas galegas esta fin de semana para loitar “contra o odio e a cisheteronorma”, segundo salientan desde a plataforma Avante LGTB+, con presenza nas sete cidades.
Venezuela comeza a recibir axuda internacional tras os terremotos, que deixan máis de 900 persoas mortas e 3.000 feridas
As autoridades de Venezuela cifraron este venres en 920 os mortos e 3.360 os feridos por mor dos dous terremotos de 7,2 e 7,5 na escala aberta de Richter rexistrados este xoves no país, segundo os datos do Ministerio do Poder Popular para a Comunicación Venezuela / DPA, divulgados por Europa Press. Mentres, grupos de rescatistas internacionais, entre os que se atopa a UME (Unidade Militar de Emerxecias) ou un dispositivo galego, están camiño a Caracas e La Guaira.
Denuncian a redución xudicial dun caso de suposta violencia de xénero a unha "crise de parella"
Maternidades Feministas convoca unha concentración este martes ante os xulgados composteláns de Fontiñas co obxectivo "de denunciar publicamente a falta de actuacións por parte do xulgado de violencia de xénero". A xuíza rexeitou a adopción dunha orde de protección, ao non advertir "un risco inminente para a integridade física ou moral" da denunciante
O CCG publica unha novela inédita de Otero Pedrayo
O intelectual escribiu Contra el filo del río en 1945 en casteán en Trasalba. O Consello da Cultura Galega pon na rede unha edición dixital coa reprodución facsimilar do manuscrito orixinal e un estudo a cargo do profesor Xosé M. Salgado. Asinada co pseudónimo Santiago Amaral, trátase dunha novela de tema fantástico que dialoga coa tradición europea de E. T. A. Hoffmann.
A prórroga do IVE reducido aos carburantes choca co abaratamento do petróleo e as críticas de Bruxelas
O 30 de xuño remata a bonificación impositiva aplicada polo Goberno do Estado a gasolinas e gasóleos para conter a escalada de prezos e que levou a unha redución de entre 20 e 30 céntimos por litro. O Executivo prepara un novo decreto con axudas pero enfróntase á negativa da Comisión Europea e a uns prezos do petróleo semellantes aos que había antes da guerra.
Os Simpsons, Palestina e memoria democrática, na programación do Viñetas desde o Atlántico
Máis de 70 autores e autoras pasarán pola Coruña entre os días 10 e 16 de agosto para participar en 24 exposicións e unha ampla programación de máis de 100 propostas, dende obradoiros, charlas e clases maxistrais ata podcasts e espectáculos en directo. Poderanse ver exposicións xa dende o mes de xullo.
García Mateo, reitora da Uvigo, reclama a Rueda "unha aposta decidida polo sistema universitario galego"
Financiamento e confianza foron as dúas peticións que a primeira reitora da Universidade de Vigo na historia trasladou no seu discurso ao presidente de Xunta. Tamén reivindicou unha educación superior que sexa “o maior antídoto conta a barbarie".
Así sofre o campo galego o cambio climático: verme soldado, calor, treboadas e falta de forraxe
O Sindicato Labrego Galego solicita a convocatoria dunha Mesa do Cambio Climático en Galicia e esixe que a Xunta "reaccione xa a esta situación e que garanta os recursos e fondos necesarios para cubrir as perdas que están tendo as persoas labregas".
Amalia Bóveda non irá á inauguración de 'A derradeira leición do mestre' pola negación da memoria de PP e VOX
Este xoves inaugúrase no Museo de Pontevedra a mostra na que se expón por segunda vez en Galicia o cadro no que Castelao homenaxeou a Alexandre Bóveda e a todas as vítimas da represión franquista. A filla de Bóveda, convidada ao acto, rexeita participar, critica a "quen nega politicamente os dereitos das vítimas e mailas súas familias" e pon o foco os pactos do PP coa ultradereita.
Galicia celebrou un San Xoán con menos lixo nas praias
Nos areais da Coruña, nos que se reuniron preto de 100.000 persoas, recolléronse 22,7 toneladas de refugallo fronte ás 44 do ano pasado. Praia América e Panxón, en Nigrán, amenceron practicamente limpas. O 112 informou de 194 incidencias na provincia da Coruña, 121 en Pontevedra, 38 en Lugo e 20 en Ourense. 370 en total e todo o país.