Xa se pode falar con Don Ramón: un chatbot para parolar (case) do que sexa con Otero Pedrayo
O Consello da Cultura Galega presenta unha ferramenta que para as respostas bota man do corpus publicado polo intelectual, unhas 14.000 referencias que axudan a compoñer un diálogo sustentado no pensamento real de Otero Pedrayo mantendo ademasi a "verborrea oceánica e o ton conversacional" que o caracterizou.
Queremos Galego propón unha ILP para "blindar" a lingua
A proposición de Lei Lingua Vital, que se presentará en setembro, incluirá a derrogación do decreto de plurilingüismo, o recoñecemento do galego como lingua vehicular e de acollida en todos os niveis, o aproveitamento da lusofonía e chama a "blindar a oferta positiva na administración, xustiza e sanidade". “Incumprir o Plan de Normalizació non ten custes”, pero “incumprir a lei, si”, subliña Marcos Maceira, voceiro da plataforma.
As capitais vascas suman 300 refuxios climáticos fronte á total ausencia en Galicia
Greenpeace publicou este xoves o informe Ciudades al rojo vivo, no que analiza a existencia destes espazos nas 50 capitais de provincia no Estado. Galicia carece deles, fronte ás redes que se están a poñer en marcha en Cataluña ou Euskadi. O documento destaca que "o norte xa non é un destino para escapar da calor" pois "durante os momentos de altas temperaturas de maio e xuño, as súas cidades destacaron polas constantes alertas vermellas sanitarias".
Nove anos de cadea para o ex-deputado Xabier Ron por agresión sexual continuada a unha menor
A sentenza describe con detalle sucesivas agresións sexuais do antigo parlamentario de AGE (2012-16) a unha menor coa que estableceu contacto como profesor no seu instituto. Alén da prisión e da indemnización xa pagada, a Audiencia imponlle 10 anos de liberdade vixiada e 19 de prohibición de achegarse á vítima ou acudir nin residir no mesmo concello ca ela
Galicia lidera o descenso do paro en xuño, con 3.587 persoas desempregadas menos
Xuño adoita ser un mes moi favorable para o emprego e así sucedeu unha vez máis este ano, grazas ao inicio da tempada estival e das contratacións que esta leva aparelladas especialmente na hostalaría e no sector turístico
Outras 300 mortes por suicidio en Galicia
INE e Imelga volveron rexistrar en 2025 arredor de trescentas as mortes por suicidio, "un dos máis graves problemas de saúde pública que padecemos", vén advertindo o Movemento Galego pola Saúde Mental, coa segunda maior taxa do Estado. O Instituto de Medicina Legal de Galicia resalta que "a maior incidencia segue rexistrándose na poboación adulta maior de 50 anos", se ben é a principal causa de morte en idades mozas
Curtocircuíto abre a súa nova edición coa reflexión de Xacio Baño sobre a transformación das cidades
O Teatro Principal acolleu este martes a inauguración da 23ª edición do festival e a proxección de Despois das cidades, unha reflexión coral arredor de Santiago de Compostela a través de múltiples voces, cartas e postais, construíndo unha mirada sobre a memoria, a paisaxe e as transformacións do espazo urbano. Ata o 5 de xullo unha ampla programación combinará as competicións oficiais Cosmos, Planeta GZ e Supernova con focos dedicados a Lawrence Lek e Gala Hernández López, o premio Atlas á cineasta Marie Losier e concertos audiovisuais.
A agrupación Alexandre Bóveda celebra 50 anos de activismo cultural de base dende A Coruña
Unha gala no Teatro Rosalía de Castro conmemora o medio século dunha entidade, con máis de 400 socios e socias e 200 actividades anuais, que pon o foco na defensa da lingua e cultura galegas e da memoria histórica e busca ser "un nodo que conecta a entidades sociais e culturais de Galicia". Raúl Galego, Mercedes Peón, Mofa e Befa ou Eva Veiga actuarán no evento
Baiona, Monte Neme, As Catedrais ou a ría de Ferrol, sinaladas con 'bandeiras negras' por agresións ao litoral
O informe que todos os anos elabora Ecoloxistas en Acción pon o foco ademais na costa do Cabo Estai (Vigo) e Illa Pancha (Ribadeo), espazos todos afectados pola contaminación ou a mala xestión ambiental das costas. Nesta edición a organización ecoloxista puxo tamén o foco nas solucións e para iso, presentou a restauración ecolóxica da natureza como eixo central do informe.
Un acordo "moi positivo" pon fin á folga do metal, "exemplo para a clase traballadora galega"
As asembleas de traballadores aprobaron o preacordo para o convenio do metal da provincia da Coruña asinado prevamente polos sindicatos, poñendo fin á folga que o sector levou a cabo nas últimas semanas. A nivel salarial aceptouse unha suba do 15% en catro anos. Estableceuse, ademais, a garantía de mantemento do poder adquisitivo, incluíndo unha cláusula de revisión anual ao IPC.
O alumnado vira en investigador do seu propio pasado e da memoria democrática das mulleres
Mozos e mozas do IES Salvador de Madariaga da Coruña, IES A Rodeira, en Cangas e IES Eduardo Pondal de Ponteceso realizaron medio cento de entrevistas para un podcast co que afondaron como era a vida das mulleres da ditadura e a represión específica que sufriron. o proxecto Creación de Audios pola Memoria das Mulleres, está impulsado por Agareso.
O centro de Galicia xa goza do seu parque
A Deputación de Lugo inaugura o Parque Central de Galicia en torno á carballeira de Nugallás (Antas de Ulla) onde quedou localizado o centro xeográfico do país tras un estudo encomendado polo Instituto de Estudos Ulloáns