Chuvias torrenciais en Ourense e Lugo en vésperas doutra vaga de calor
Viana do Bolo, Vilardevós, Vilamartín ou Monforte, entre as localidades máis afectadas polas fortes treboadas, con acumulacións de chuvia superiores aos 50 litros por metro cadrado en moi pouco tempo. MeteoGalicia prevé ata 38 graos en Ourense, 35 en Lugo ou 33 en Santiago para os vindeiros días
Greenpeace detecta temperaturas de 27 graos en aulas de Ourense
Greenpeace realizou un estudo en seis colexios e institutos de Alacante, Barcelona, Madrid, Ourense e Sevilla para documentar, mediante cámaras termográficas, as elevadas temperaturas que se viven estes días nos centros educativos. No instituto ourensán as temperaturas mínimas nas aulas situáronse preto dos 27 graos e no centro do patio as zonas sen sombra superaron os 40 graos.
O Museo do Pobo incorpora o videoxogo galego como patrimonio cultural
O inicio da colaboración entre o Museo do Pobo Galego e a Fundación Museo do Videoxogo de Galicia materialízase coa doazón de The Wall. Creado polo programador ourensán Álex González e comercializado en 1986, está considerado o primeiro videoxogo galego coñecido. A iniciativa supón "un recoñecemento ao labor desenvolvido" polo MUVI dende o 2019.
Investíganse dous posibles casos de violencia machista en Ourense e Ponte Caldelas
Un home foi detido por acoitelar a súa ex-muller na capital ourensá e as forzas de seguridade buscan a outro que bateu noutra muller e escapaou co seu bebé, atopado horas despois en bo estado.
A Seguridade Social é condenada por quitar o Ingreso Mínimo a unha muller ao recibir a súa filla unha bolsa
O TSXG rexeita "o absurdo" de que unha familia teña que elixir entre unha bolsa e o IMV xa que "perpetuaríase desde as institucións a situación de vulnerabilidade que se supón que pretenden superar" ambas axudas
A Galicia "en feminino plural" de Ruth Matilda Anderson, a debate na Academia
O grupo de traballo Pensamento e ensaio da Real Academia Galega dedícalle á investigadora o seu cuarto encontro anual, unha sesión aberta ao público que terá lugar este xoves 18 de xuño na Fundación Luis Seoane da Coruña a partir das 19 horas. O programa contará con Alba Rodríguez Saavedra, Ana Cabana e Brais Lorenzo.
O TSXG pide ao Constitucional que revise a lei estatal que reduciu a protección do lobo
Hai un ano o PP logrou introducir unha emenda para desprotexer o lobo nunha lei sobre desperdicio alimentario que nada tiña que ver coa cuestión, e agora o tribunal galego dubida da súa validez no marco dun proceso de dous grupos ecoloxistas contra a Xunta
Un ciclo de cinema en galego no Bierzo e Seabra celebra 25 anos de promoción da lingua nas comarcas
Dende o ano 2001 vén desenvolvéndose, froito dun acordo entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castilla y León o Programa de Promoción da Lingua Galega, que entre outros obxectivos busca levar o idioma ás aulas do Bierzo e Seabra. Neste curso están matriculadas 1.207 persoas que están a estudar galego
Nova oportunidade para navegar en catamarán pola "mellor porta de entrada" á Ribeira Sacra
As rutas fluviais da Deputación de Lugo dende Ponte do Sil e Belesar ofrecen unha "visión única" dos canóns "escavados polos ríos ao longo de milleiros de anos", dos traballos da viticultura heroica ou de paisaxes singulares coma o Cabo do Mundo. As reservas da nova temporada xa están dispoñibles no web oficial
Aprobadas datas e vacacións do curso 26-27: calendario do 9 de setembro ao 21 de xuño
Educación avanza as principais datas do vindeiro período académico, que serán oficiais o luns coa publicación no DOG. As vacacións de Nadal comezan o 22 de decembro, e as de Semana Santa, o 22 de marzo
O investigador da UDC García Mira, honoris causa en Bos Aires pola súa achega á psicoloxía social
A institución académica arxentina distíngueo pola súa "contribución destacada ao avance do coñecemento sobre algúns dos principais desafíos sociais e ambientais contemporáneos"
O presidente do Parlamento apadriña a primeira promoción da universidade de Abanca
MIguel Santalices foi elixido para apadriñar o alumnado na cerimonia de gradación porque "baixo a súa presidencia aprobouse a lei que deu vida á Universidade Internacional da Empresa".