O Festival Rosalía leva a Compostela o "atrevemento" da poeta con dous días de recitais, contacontos e concertos
O Festival Rosalía celebra a súa sexta edición os vindeiros días 23 e 24 de febreiro, nun evento organizado pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Santiago. A programación tamén inclúe unha feira de artesanía, un pasarrúas, un concurso de preguntas e respostas e mesmo un espectáculo que une canto lírico, break-dance, Beatbox e Dj
BNG e PSdeG coinciden en destinar o 1% do Orzamento da Xunta a políticas de igualdade se gobernan tras o 18F
"Comigo entrarán pola porta da Xunta todas as mulleres", mantén a candidata do BNG, que apela ao voto feminino para lograr un cambio que está "ás portas" e promete accións como un servizo público de canguros ou máis prazas nas escolas infantís. O cabeza de cartel do PSdeG compromete un "gran pacto galego pola corresponsabilidade" ou crear o Instituto Galego da Muller entre as medidas de igualdade que, di, o PSdeG aplicará se retorna á Xunta
Chévere estrea 'Helen Keller, a muller marabilla?' nunha aposta por incluír a lingua de signos no teatro
O espectáculo, unha coprodución do Centro Dramático Nacional, o Teatre Lliure e a a propia compañía, achégase ao mito da persoa xordocega máis coñecida do século XX. Pódese ver en Santiago entre o 15 e o 25 de febreiro. Chévere traballa para garantir a accesibilidade por parte de persoas cegas e xordocegas.
Ana Pontón asegura que negociará para "garantir" o traballo en Alcoa e promete unha Mariña "conectada dunha vez por todas"
A candidata do BNG di en Burela que o seu goberno negociará co Estado a "intervención pública de Alcoa para garantir a actividade e os postos de traballo" e reactivará infraestruturas como a Vía de Altas Prestacións San Cibrao-Ferrol
- 🔊Podcast Carretando en Praza
- Política
Carretando | Besteiro: Manual de resistencia á galega
Da man dos xornalistas Cristina P. Marcote e Manuel Varela, este episodio repasa a traxectoria do candidato do PSdeG á presidencia cunha biografía que se resume no ascenso, a caída e a resurrección; con paralelismos ao Manual de resistencia do seu amigo Pedro Sánchez.
Besteiro anuncia un “plan de choque” para rescatar a sanidade pública que duplicará os profesionais da saúde mental
O candidato socialista presentou un gran acordo de país baseado en rescatar a Atención Primaria, duplicar os profesionais de saúde mental e axilizar as probas diagnósticas, entre outras medidas.
Desembarco de ministros e ex-ministros para impulsar a Besteiro de cara ao 18F
Salvador Illa, ex-titular de Sanidade, acompaña a Besteiro en Ourense, onde entraron nunha cociña a facer orellas de Entroido. Félix Bolaños, Pilar Alegría, Diana Morant ou Luis Planas acoden tamén á campaña galega antes do mitin deste sábado en Vigo con Pedro Sánchez.
Pontón anuncia a creación dun centro de reparacións do naval en Vigo
O BNG aposta pola creación dun centro de reparacións do naval na ría de Vigo e recupera así unha proposta histórica do sector, que hai tempo que ve na reparación unha vía de ingresos imprescindible para a supervivencia dos estaleiros.
'Rapa', 'O Corno' e 'Matria' dominan as candidaturas finalistas aos Premios Mestre Mateo
A serie Rapa suma 16 candidaturas, entre elas 6 de interpretación. O filme de Jaione Camborda acapara 14 opcións de premio, mentres que o dirixido por Álvaro Gago acada 12 finalistas. As premiadas e premiados da XXII edición dos galardóns do audiovisual daranse a coñecer na gala de entrega, que se celebrará o sábado 23 de marzo no Coliseum da Coruña.
O tratamento informativo do 18F indigna persoal da CRTVG por "calcar o argumentario do PP"
O comité denuncia a cobertura do debate electoral por "disfrazar de información unha columna de opinión que debería asinar o Partido Popular" e "arroupar sen disimulo a Alfonso Rueda". A representación laboral aclara que "a inmensa maioría" dos traballadores "non é responsable da infamia e vil manipulación" nos medios públicos.
Pontón e Besteiro ratifican a súa asistencia ao debate de RTVE malia á ausencia do PP
A candidata do BNG insta a Rueda a "deixar de esconderse" e coida que, "se cadra, non ten programa nin ideas que contrastar". O aspirante do PSdeG ve acreditado que o PP "non dá a cara nin ten proxecto para Galicia"
Besteiro promete "suficiente" vivenda pública para que emanciparse antes dos 30 "non sexa un luxo"
O candidato socialista estreou nun piso de estudantes de Compostela o seu programa Besteiro directo, que na súa primeira entrega consistiu nunha charla informal con mozos e mozas sobre os problemas das novas xeracións, dende os alugueiros ao transporte pasando pola saúde mental.