Unha ponte de decembro a navegar polo Sil e o Miño
Os catamaráns da Deputación de Lugo pechan tempada ofrecendo a oportunidade de contemplar a paisaxe outonal da Ribeira Sacra a rentes da auga
Directorio de Artistas Globais: unha aposta pola creación das mulleres migrantes en Galicia
O Culturgal acolle este venres a presentación desta iniciativa, froito do traballo de varias investigadores das tres universidades galegas, que recolle 32 proxectos de creadoras nos ámbitos das artes escénicas, música, danza, teatro e propostas multidisciplinares.
Medra a intensidade da vaga de gripe, cun 40% máis de consultas en atención primaria
O impacto da gripe segue a aumentar pero, de momento, a súa intensidade segue a ser "baixa" e a súa difusión "espallada". Porén, a intensidade da epidemia achégase ao nivel medio e semella seguir un desenvolvemento semellante ao que tivo hai dous anos, cando o pico chegou a finais de decembro.
Os paxariños de Bibopalula volven voar nos teatros polo Nadal
Tras o éxito da súa primeira xira, o espectáculo musical infantil producido por Ainé fai parada no Culturgal e, nas vindeiras semanas, en Vilagarcía, A Coruña e Vigo. Lidia Veiga vólvese meter na pel de Ava, a observadora de paxaros que guía as nenas e nenos polas aventuras da Banda do Bosque ao son de doce cancións orixinais
Unha semana para coñecer o patrimonio invisible de Santiago: da Colexiata do Sar a unha visita sorpresa
Do 1 ao 5 de decembro celébrase a sétima edición da Semana do Patrimonio Invisible, que permite visitar en grupos reducidos sete espazos que normalmente están pechados ao público: o Pazo Arcebispal, as Escavacións da Catedral, o Auditorio de Galicia, a Compañía de María, a Casa da Parra, a Colexiata do Sar e un que aínda non foi desvelado.
Feminismo combativo e en alerta nas mobilizacións galegas do 25N
Unha vintena de vilas e cidades acolleron manifestacións contra a violencia machista. A violencia institucional ou a protección das mulleres migrantes, entre as principais reivindicacións
Un 25N co foco sobre a "violencia institucional" que perpetúa a violencia machista
O movemento feminista galego organiza unha vintena de convocatorias en cidades e vilas, que terán lugar na tarde deste martes. A Marcha Mundial das Mulleres fixo público un manifesto no que chama a "combater a violencia institucional para acabar coa violencia machista" con medidas sobre a "violencia xudicial", a "violencia obstétrica" e a "violencia económica"
20 anos de cadea e 140 millóns de multa por delitos fiscais para un ex-alto cargo de Feijóo e Rueda
Norberto Uzal, director xeral de Administración Local na Xunta entre 2009 e 2013 e antes candidato da Falange, é condenado pola Audiencia Nacional xunto a outras 13 persoas por organización criminal arredor da empresa Hafesa Energía
O "campus arraigado á terra", un "aliado estratéxico" de Lugo que agora voa
A Deputación de Lugo mantén unha achega anual de 370.500 euros ao Campus Terra da USC: "Contribúe a que sexa polo de coñecemento centrado na investigación aplicada e nos sectores estratéxicos da provincia". A nova gaiola de drons permite prácticas de voo con "aplicacións directas" en eidos como a "agricultura de precisión, xestión forestal ou prevención de incendios"
Centos de persoas mobilízanse na Coruña e Santiago contra a condena ao fiscal xeral
Cidadáns maniféstanse no Obelisco coruñés e no Obradoiro compostelán en apoio de Álvaro García Ortiz tras unha convocatoria difundida a través das redes sociais.
Valdeorras sae en masa á rúa contra o "esmorecemento" da sanidade pública
Arredor de 5.000 persoas maniféstanse co Barco contra o "desmantelamento" do hospital comarcal e as "interminables listas de espera" que obrigan a cidadanía a desprazarse cada pouco a Ourense para as consultas.
As traballadoras dos servizos sociais únense para clamar por un emprego "digno"
O persoal, convocado pola CIG, advirte de “salarios miserentos, xornadas interminábeis, contratos precarios e convenios caducados desde hai anos”, e sinala a Consellería de Política Social por desatender as súas demandas laborais e obviar a súa capacidade inspectora.