'Bochinche', 'autofoto' ou 'pataqueiro' entran no dicionario da RAG, que incorpora o xentilicio 'gazano'
A nova actualización do Dicionario, que suma xa máis de 58.000 entradas, inclúe neoloxismos e voces populares ata agora non recoñecidas, como feísmo ou surfear, e tamén expresións como a descomán. Igualmente, resolve dúbidas frecuentes coa suma de adictivo, que se diferencia de aditivo.
Como solucionar a 'crise habitacional? O problema da vivenda, a debate en Compostela
O 14 e 15 de novembro Santiago acolle as xornadas ‘A crise habitacional’, un foro organizado pola área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña que busca xerar un espazo de debate arredor do problema de acceso á vivenda dende múltiples perspectivas
Campaña para salvar a mina de volframio de Valborraz, "patrimonio único" afectado polo lume
O incendio que en agosto arrasou o espazo protexido de Pena Trevinca afectou á mina existente en Casaio (Carballeda de Valdeorras). A Asociación Científica Sputnik Labrego, en colaboración co Albergue Eco dos Teixos e a Comunidade de Montes de Casaio e Lardeira, chaman a recadar fondos para protexer as instalacións que na Segunda Guerra Mundial explotaron os nazis.
Besteiro advirte en Bruxelas de que o "parón de 17 anos" do eólico galego vén do PP e non dos tribunais
Tras reunirse con responsables de Enerxía da Comisión Europea o secretario xeral do PSdeG mantén que no Executivo comunitario "tamén preocupa" o freo "ao desenvolvemento das enerxías renovables" no noso país
En marcha a procura da palabra do ano 2025
Lugo, que plasma nun paseo os termos escollidos no certame organizado pola RAG e o Portal das Palabras da Fundación Barrié, acolle o lanzamento da elección deste ano. Ata o 1 de decembro está aberta a fase de recolla de suxestións e do 3 ao 21 do mesmo mes celebrarase a votación
O mellor caldo, polbo á feira ou cabrito?: nos primeiros Premios da Cociña Galega
"Aquí non hai estrelas nin espumas", di a organización, que conta cun xurado de 60 profesionais para "recoñecer a cociña auténtica, a das casas de comidas"
Aquí tamén se fala: de impulsar a lingua nun instituto a gañar o Premio da Cultura Galega
O proxecto de dinamización lingüística nacido no IES Rafael Dieste da Coruña e que xa se estendeu por 300 centros de todo o país, galardoado nunha edición dos premios que tamén recoñeceu á editorial Galaxia ou ao programa de radio Sempre en Galicia.
360 curvas: 'As Movidas' da Fonsagrada como exemplo de loita da Galicia rural
O documental dirixido por Alejandro Gándara Porteiro e Ariadna Silva Fernández recupera as protestas veciñais de comezos dos 90, que incluíron concentracións, peches, folgas xerais e mesmo unha gran manifestación en Santiago ante a sede da Xunta. A longametraxe estréase o 20 de novembro no Festival de Xixón e o 23 de novembro en Cineuropa e no Festival Cormorán da Coruña.
Castelao en Bos Aires: os anos de construción da "Galiza ideal"
Este 5 de novembro a Real Academia Galega inaugura en Pontevedra o ciclo Momentos da cultura galega cunha xornada que analizará os anos de Castelao na capital arxentina
O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo como "chequeira" da líder do PP en Lugo para "comprar vontades"
"Con cargo ao orzamento" turístico do Goberno galego Candia "vai repartindo cartos a destro e sinistro polas parroquias", asegura a socialista Lara Méndez, que cuestiona a intención política de achegas como "unha festa de disfraces" que "organiza unha panadería do ámbito familiar dunha persoa que foi nas listas" do PP lucense ou "unha orquestra para as festas dunha parroquia" a través "dunha consultora de enxeñaría"
Piden protección para a mina romana de Espiñeira, en Foz, ante os traballos dunha canteira
ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian que os movementos de terra se están a desenvolver dentro da contorna de protección arqueolóxica e estarían a causar "danos directos" na antiga mina romana sobre unha canle de evacuación identificada e documentada en estudos arqueolóxicos.
Vigo, cidade de literatura: un mapa para percorrer as rúas onde naceron 300 novelas
A Biblioteca Pública Municipal Neira Vilas vén de publicar o Mapa Literario de Vigo, unha ferramenta colaborativa que recolle o denso espazo literario que constitúe a cidade olívica. O documento inclúe 3307 referencias a 285 novelas de 153 autores e autoras distinta e deseña unha ducia de rutas para percorrer os lugares que aparecen en cada obra literaria.