Máscaras e mudados: a Illa de Ons recupera 50 anos despois o seu Entroido tradicional
A festa celebrouse por última vez no ano 1975. Porén as recentes investigacións de José Manuel Dopazo sacaron do esquecemento os festexos tradicionais e contribuíron á súa recuperación, grazas ao impulso do Concello de Bueu e da Asociación de Veciños e Amigos da Illa de Ons
A pegada das nais de Érguete, unha exposición para 40 anos de loita contra o narco
"Na súa loita contra a droga -explican as comisarias- as nais ampliaron os límites dos marcos da protesta, puxeron o corpo para encarnar, interpretar e sinalar o que ata daquela estaba oculto", destacan as comisarias da mostra, que abre no MARCO ata xuño combinando fotografías, pancartas e documentos da asociación coa creación de once artistas contemporáneas
O Consello da Cultura propón un modelo educativo piloto co galego como lingua vehicular
O foro sobre o idioma impulsado pola entidade aposta por unha liña de ensino voluntaria e de carácter experimental para compensar a menor presenza do galego nas aulas.
Os Premios Martín Códax da Música chegan á ducia co público como clave nas votacións
Os galardóns entréganse o 28 de maio en Pontevedra. As quince categorías contarán con cadansúas tres finalistas. O 50% da decisión corresponde ás socias e socios de Músicas ao Vivo e o outro 50%, ao público
‘O dragón de ouro’ e ‘Iribarne’ encabezan as finalistas aos María Casares
As obras de Sarabela Teatro e ButacaZero acadan 14 e 12 candidaturas, respectivamente e optan ao galardón ao mellor espectáculo xunto con Go home, de Etiqueta Negra. Os actos e as profecías, do Centro Dramático Galego, e As gardiás ou o nó do Tecelán, de Teatro de Ningures, rexistran catro finalistas. Os premios entregaranse o xoves 3 de abril no Teatro Rosalía de Castro da Coruña
A Marcha Mundial das Mulleres esixe no seu 25 aniversario "medidas para transformar a vida das traballadoras"
A organización celebra o seu 25 aniversario cun calendario de actividades que se inicia o 8 de marzo e que levará a unha mobilización nacional o vindeiro 5 de outubro. Traballo digno, sistema público de coidados, acceso universal a unha vivenda digna ou o reforzo dos Centros de Información ás Mulleres, entre as demandas.
A MICE celebra a súa vixésima edición cunha homenaxe ao filme 'O carro e o home'
A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego terá lugar do 12 ao 16 de marzo en Compostela. A súa sesión inaugural e a imaxe gráfica están protagonizadas polo filme de Antonio Román e Xaquín Lorenzo Xocas rodado en 1940. Será un acto de homenaxe ás persoas que iniciaron a cinematografía galega.
Falece o home agredido nun partido de balonmán ao intentar frear os insultos ao seu neto árbitro
Andrés Rico, de 68 anos, morreu tras máis de dous meses no hospital a consecuencia das lesións sufridas en Sanxenxo tras mediar de xeito pacífico ante a actitude dun home cara ao colexiado de 15 anos. Hai só uns días, a nai dunha árbitra de 13 anos denunciou o "acoso" sufrido pola súa filla durante un partido de prebenxamíns.
Un encontro de investigación e investimento en Santiago reclama "soberanía tecnolóxica" para Europa ante EUA e China
Compostela acolleu este mércores e xoves a terceira edición do encontro Invertir en ciencia sí es rentable, no que participaron 400 investigadores e investidores e 80 relatores. O evento buscou poñer en valor dous dos polos de investigación e innovación de Galicia, con visitas para investidores á Cidade das TIC da Coruña e ao Ecosistema Biotech e Saúde de Santiago
Pontón e Besteiro animan a cidadanía a defender a lingua galega na rúa este domingo
Os líderes de BNG e PSdeG coinciden en chamar a manifestarse en prol do idioma na marcha convocada por Queremos Galego e na necesidade de transmitírllelo ás novas xeracións.
José Antonio Gómez deixa o liderado de UGT Galicia logo de 20 anos
O sindicalista ourensán non se presentará á reelección no congreso da organización da vindeira semana e cederá o seu posto na secretaría xeral, á que chegou en 2005.
O Goberno de España prevé xa a primeira poxa de eólica mariña en 2025
A ministra para a Transición Ecolóxica marca ese obxectivo para o Executivo central aos dous anos de aprobar as zonas de alto potencial eólico, cinco delas en Galicia. Sara Aagesen anuncia que o val de hidróxeno previsto na Coruña recibirá axudas por 170 millóns de euros, mentres que o das Pontes queda sen subvención pública estatal.