O Museo de Lugo acolle a mostra "Castelao. O retorno a Galicia, 1984", con fotografías de Xan Carballa
O Museo Provincial de Lugo vén de inaugurar a mostra fotográfica "Castelao. O retorno a Galicia, 1984", que reúne 52 imaxes tomadas polo fotoxornalista Xan Carballa durante o regreso a Galiza dos restos de Castelao, o 28 de xuño de 1984.
Falece Xosé Vizoso, prolífico artista alén de Sargadelos
Xosé Vizoso faleceu apenas nove días despois de ser homenaxeado no Día da Ilustración, celebrado o 30 de xaneiro. Co galo deste recoñecemento moitas persoas puideron achegarse á prolífica traxectoria de Vizoso, que foi do deseño gráfico á ilustración, pasando pola escultura, a escenografía teatral, o cartelismo, a ilustración de libros, os murais ou as caricaturas
Ana Pontón chama á mobilización social para loitar pola igualdade do galego en todos os ámbitos
A portavoz nacional do BNG lamenta que goberno de Rueda continúa coa súa "folla de ruta para impoñer o monolingüismo en castelán", ignorando os datos oficiais que amosan a perda constante de falantes de galego.
"O xornalismo en galego tamén é esencial para a supervivencia da lingua"
A Asociación de Medios en Galego celebra a xornada cun concerto, unha web para recompilar medidas a prol do idioma e unha guía didáctica para o ensino secundario editada en colaboración coa Deputación da Coruña. O Colexio de Xornalistas advirte de que "para que os medios se parezan máis lingüisticamente á sociedade que queren reflectir son necesarias políticas valentes" tamén en axudas e publicidade "para potenciar que o xornalismo en galego sexa unha realidade e non só unha anécdota"
'Rapa', 'As Neves', '+Cuñados' e 'Honeymoon' encabezan as candidaturas duns Mestre Mateo que saen das cidades
Lalín acollerá o vindeiro 15 de marzo a entrega da 23º edición dos galardóns do audiovisual galego, nunha cerimonia que, por primeira vez, se celebrará nunha vila do rural. Rapa suma 18 finalistas, fronte ás 12 de As Neves, as 10 de Honeymoon e as 7 de + Cuñados. Teté Delgado será a encargada de presentar a gala no Lalín Arena.
Galiza Nova protesta no departamento de Emigración da Xunta polas dificultades da mocidade para emanciparse
Un grupo de militantes accedeu ao edificio da Secretaría Xeral de Emigración na praza de Mazarelos, en Santiago, que foi custodiado pola policía
O apuñalamento dun enfermeiro no CHUAC abre o debate sobre a seguridade do persoal sanitario
Persoal do hospital coruñés e sindicatos reclaman medidas para por fin a unha situación se está a se converter "nun problema estrutural que ameaza a calidade da atención sanitaria e o benestar de quen se dedican a coidar dos demais". O conselleiro de Sanidade recoñece que "non é lóxico que un paciente entre nun hospital cunha arma branca"
O Goberno de España dá o primeiro paso para reducir xornada laboral a 37 horas e media
A ministra de Traballo, Yolanda Díaz, presenta o anteproxecto de lei aprobado polo Consello de Ministros e fala dun "día histórico", aínda que o Executivo admite a dificultade que suporá obter o apoio do Congreso.
15.300 paus de batea recollidos en tres días: o plástico contamina as praias galegas
Esta fin de semana Limpiarousa, Surfrider España, Proxecto aMARte e ADEGA impulsaron a primeira "recollida simultánea", na que participaron 300 persoas. Aínda que antes se fabricaban de madeira, na actualidade a súa versión plástica supón un problema ambiental, xa que ao desprenderse, acaban acumulándose nos areais.
O Día dos Medios en Galego celébrase na Coruña con Leria e A banda da Loba
O coruñés Playa Club acolle este 7 de febreiro o acto central da celebración organizada pola Asociación de Medios en Galego baixo o lema 'A lingua que nos une'
Exército Mekemeke, Sara Seco, Prado Rúa ou Rebelico, gañadoras dos Premios Youtubeiras da "fachenda"
O Pazo da Cultura de Narón acolleu a gala de entrega, presentada por Javi Sánchez e na que actuou o grupo De Ninghures. Botando man do lema desta oitava edición dos premios, Fachenda ao cadrado, a gala incidiu na fachenda pola traxectoria dos galardóns e pola grande actividade desenvolvida pola comunidade creadora de contidos en galego
A 'tanxugueira' Aida Tarrío e Raül Refree convértense en fillos de Rosalía no proxecto 'Gala i Ovidio'
O novo proxecto musical, que toma o nome dos xemelgos que Rosalía de Castro deu a luz en 1871, lanza o sinxelo De maio a abril, ao que seguirán novos traballos nos vindeiros meses. O dúo comezou a traballar en 2021 no Pazo de Mariñán coa tradición musical galega, dende a que foron atopando novos territorios onde a tradición se intúe e os xéneros dilúense"