Drons, un helicóptero e axentes ambientais e da policía para deter 'in fraganti' un incendiario
Un operativo especial de vixilancia permite localizar un home de 28 anos "no momento xusto no que iniciaba un novo incendio" na parroquia de Velle, no concello de Ourense
Os concellos impulsan un protocolo de seguridade para as traballadoras de axuda no fogar
Acordo unánime municipal para que no proceso participen Xunta, Goberno de España, patronal, sindicatos e Colexio de Traballo Social
A Xunta rexeita a solicitude de Santiago para ser zona tensionada
A Consellería de Vivenda dá por "desistida" a solicitude da administración local por "non dar resposta válida" á petición do IGVS para completar e emendar a documentación. Advirte que as medidas correctoras incluídas non supoñían unha "incidencia real, tiñan mínima concreción ou xa estaban en execución e carecían de calendario claro"
Un novo incendio cerca Corme e obriga a Xunta a pedir a axuda da UME
O sexto foco desde a fin de semana no concello de Ponteceso obrigou a desaloxar Corme Aldea tamén a cortar unha estrada. A proximidade das lapas á vila de Corme obrigou ao Goberno galego a declarar a situación 2 e a solicitar a intervención da Unidade Militar de Emerxencias. O incendio de Cospindo quedou extinguido tras arrasar unhas 250 hectáreas, mentres continúan activos os de Brantuas e A Graña.
Os Franco abren a Casa Cornide 63 anos despois: un inmoble "baleiro", frío e sen uso
A apertura do palacete da Cidade Vella da Coruña, en mans da familia do ditador, supón só o primeiro paso para a súa recuperación para o público, segundo a alcaldesa, Inés Rey, primeira visitante xunto ao portavoz do BNG, Francisco Jorquera, Rubem Centeno, da CRMH, e o historiador Alfredo Vigo.
Os concellos non incentivan o aforro de auga e fixan as súas tarifas sen analizar o custo
O Consello de Contas critica que "con carácter xeral non se promove un uso sostible do recurso hídrico"
A primeira vaga de incendios do verán queima 1.400 hectáreas, sobre todo en Vilardevós e Ponteceso
O da localidade ourensá foi o primeiro gran lume do ano ao superar as 500 hectáreas, as mesmas que arderon no municipio da Costa da Morte pero en cinco fogos diferentes que obrigaron a desaloxar núcleos e praias e incomunicaron Corme.
A Xunta propón crear na Coruña e Vigo unidades docentes de Medicina e reclama "xenerosidade"
A proposta levaría a ampliar ao 4º e 5º curso "a descentralización que xa existe en 6º", destaca o Goberno galego despois da terceira reunión do grupo de traballo que analiza as fórmulas para o futuro destes estudos en Galicia.
Castelo Conta moito máis ca un festival: un lote de proxectos para impulsar o rural
A asociación que organiza unha festa de dez días na aldea de Culleredo impulsa moitas máis iniciativas durante todo o ano para vertebrar o territorio, conservar a memoria da parroquia e preservar o seu patrimonio implicando a veciñanza. Un exemplo da forza e do poder da cultura local.
Os Franco abren a Casa Cornide ao público o mínimo legal tras anos de insubmisión
Os herdeiros do ditador habilitan unha web para reservar visitas ao histórico inmoble da Cidade Vella da Coruña, unicamente os luns e cun máximo de vinte persoas.
Matan unha traballadora do servizo de axuda no fogar do Porriño
A Garda Civil investiga a "morte violenta" dunha empregada no domicilio dun matrimonio maior cunha muller encamada e un home "atopado con manchas de sangue, desorientado e con manifestacións incoherentes"
A UE acepta aranceis estadounidenses do 15% aos produtos europeos sen recarga recíproca
Trump gábase, alén dos aranceis cero, de que Bruxelas lle acepta mercar produtos enerxéticos por 750.000 millóns e 600.000 adicionais en equipamento militar. Von der Leyen presenta o asinado en termos de "estabilidade" e máis "cooperación" E salienta que certos "produtos estratéxicos" non pagarán. Pedro Sánchez apoia o pactado "sen entusiasmo", González Casares (PSdeG) considérao unha "vergoña" e Miranda (BNG), "humillante"