O sector cultural galego, en crecemento "moderado" e cun descenso das subvencións
O 37% das entidades e empresas afirma que tivo un 2024 mellor que o ano anterior, mentres o 22% asegura que lle foi peor, segundo o Barómetro da cultura galega, elaborado polo Observatorio da Cultura Galega. O pasado ano non solicitaron subvencións o 52% das entidades, a porcentaxe máis elevada dende que se comezou a realizar este estudo.
Prisión provisional para o acusado do primeiro feminicidio do ano en Galicia
O xulgado de instrución número 1 de Trives decreta prisión provisional comunicada e sen fianza para o presunto autor do crime machista deste domingo no Bolo, o primeiro feminicidio en Galicia no que vai de ano
'Cantareiras', un patrimonio vivo digno do Museo do Pobo
O Museo do Pobo Galego combina os seus arquivos cos de Alan Lomax e o CSIC e unha trintena de persoas vencelladas na actualidade á música tradicional nunha mostra para "celebrar, difundir e dignificar este valiosísimo legado patrimonial". A exposición combina documentos sonoros e gráficos e inclúe a produción dunha peza documenta e unha ampla programación paralela
Asasinato machista no Bolo
Josefa, de 76 anos, foi acoitelada polo seu marido, ao que a Garda Civil detivo pouco despois. O Concello da localidade declara loito oficial, diversas institucións acollen actos de repulsa e o movemento feminista ultima mobilizacións para este martes
A crise da vivenda sae á rúa: "Que non sigan facendo negocio coa nosa vida"
A Coruña, Santiago, Ourense e Vigo secundan en Galicia a convocatoria polo dereito á vivenda que se estende por unha corentena de localidades en todo o Estado. Redución e control dos prezos dos alugueiros, recuperación de vivendas baleiras ou "freo á compra especulativa", entre as principais reivindicacións
- 📺
- Cultura
Maioría absoluta para 'Iribarne', con 9 premios nuns María Casares que dixeron 'Altri non'
A obra de ButacaZero sobre o ex-presidente da Xunta e antigo ministro franquista, dirixida por Xavier Castiñeira e escrita por Esther F. Carrodeguas, fíxose con 9 dos 12 premios aos que aspiraba, entre eles o de mellor espectáculo, mellor dirección e texto orixinal. O Dragón de Ouro, de Sarabela, obtivo catro galardóns
O TSXG anula o treito da liña de alta tensión que a Xunta autorizou na contorna do Castro Lupario
O alto tribunal galego atende un recurso do do Concello e Rois e ve acreditado que o conxunto conformado por bens coma o Castro Lupario, o Camiño de Santiago ou dous pazos son unha paisaxe cultural e un territorio histórico que se verían afectados pola infraestrutura, promovida por Red Eléctrica
Alcoa alíase con Ignis nun novo intento por seguir explotando a planta de San Cibrao
A multinacional asina coa enerxética española o acordo para o futuro da factoría e asegura que cumprirá así coa súa promesa de reiniciar a actividade neste 2025.
O "novo tradi" fía a gran festa da cultura na Coruña, vestida de encaixe de Camariñas
O Teatro Colón acolle o 10 de abril a IV Gala da Cultura da Deputación da Coruña A banda Alana e o coreógrafo Fran Sieira porán a música e a danza nun evento que servirá para entregar os nove premios culturais convocados pola institución, mais tamén para "celebrar que somos un país vivo, alegre e con moito talento"
Isto é o mellor do ano no libro galego: 70 finalistas para os Premios Follas Novas
As gañadoras e gañadores das 13 categorías daranse a coñecer o 26 de abril nunha gala que terá lugar no Teatro Principal de Santiago. Os galardóns, que chegan á súa décima edición, están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia
'Galicia Nomeada' achégase ao primeiro lustro de vida con máis de medio millón de topónimos xeorreferenciados
O visor de Galicia Nomeada permite nestes momentos consultar e descargar máis de 529.000 nomes de lugar. Preto de 88.000 entradas son nomes de leiras, regos, devesas, camiños, praias, fontes e outros microtopónimos rexistrados por veciños e veciñas de todo o país
A Fiscalía pide dous anos de cadea por vertidos aos propietarios da mina de Touro
Reclama a apertura de xuízo oral á empresa propietaria dos terreos e dos dereitos de investigación e prisión para dous dos seus responsables por non tomar medidas correctoras para evitar graves verteduras.