A Mariña clama en Viveiro pola "resurrección" da sanidade pública e contra a falta de persoal
Arredor de 5.000 persoas, segundo a organización, saen á rúa contra as eivas no Sergas. O PSdeG acusa o PPdeG de "facer un Mazón" ao organizar un xantar na mesma localidade e o mesmo día da mobilización. O BNG pide ao PP que "resucite e fortaleza" a sanidade pública.
Unha masiva protesta contra Altri desborda A Pobra por mar e terra
Milleiros de persoas e 600 embarcacións colapsan a vila nunha mobilización histórica contra o proxecto de Palas de Rei e a mina de Touro. "Altri ten licenza administrativa pero non ten licenza social", advirten os convocantes. Pontón pide á Xunta que "rectifique" e Besteiro denuncia unha "gran mentira", mentres o Goberno galego reduce a manifestación a "comunismo do século XXI".
A borrasca Martinho deixa máis de 600 incidencias en Galicia e varios feridos
Institutos de Cerceda e Cangas tiveron que suspender as clases polo desprendemento das cubertas e caídas de árbores e pólas provocaron varios accidentes de tráfico.
"Chegar tarde é mellor que non chegar": o novo de Fillas de Cassandra pide pausa contra "o desenfreo do Capital"
Hibernarse é o título da nova canción do dúo, que dende este xoves pode escoitarse nas plataformas dixitais. É o primeiro avance dun EP do mesmo título, que ata o vindeiro 10 de abril irá dando a coñecer cada semana un novo tema
O TSXG exime a Xunta de pagar 12,3 millóns a Audasa polas peaxes en sombra e insiste en que debe facelo o Estado
O Superior reafirma un ditame de 2022 no que rexeitou a solicitude do Estado para que a Administración autonómica tamén pagase a indemnización pola rebaixa de peaxes ilegal na AP-9 do Goberno de Rajoy.
Comités de medios públicos do Estado crean unha "alianza estratéxica" para defenderse da "manipulación"
As representacións sindicais da CRTVG, RTPA, EITB, TV3, Canal Sur, Telemadrid, IB3, Canal Estremadura e Castela a Mancha Media crean a alianza 'RTVs Públicas en Loita', desde onde poderán convocar mobilizacións conxuntas
O BNG avisa: dar fondos públicos a Altri afectaría "calquera relación" co Goberno central
"É unha liña vermella", avisa Néstor Rego, que exixe ao Executivo de Sánchez que "abandone a ambigüidade" e negue calquera financiamento público ao proxecto de Palas de Rei. Lara Méndez (PSdeG) dubida que a iniciativa cumpra cos requisitos para obter axudas da UE.
Como arquivar a tradición oral? Á procura de "boas prácticas legais e éticas"
O programa 'A cultura é un dereito' da Deputación da Coruña xunta voces expertas da música, o dereito e os arquivos nas xornadas 'Traducir a tradición'. As xornadas, que culminarán coa presentación do 'Cancioneiro galego serodio' de Xabier Díaz, teñen as inscricións abertas ata este 18 de marzo
O 112 deixou de concienciar sobre incendios domésticos cun meme pola "controversia suscitada"
Emerxencias responde ao PSdeG, que cuestionou o uso dun "contido machista" na conta institucional, que retirou o meme "ante a controversia suscitada": "Pode dar lugar a diferentes interpretacións"
'Eros' e 'Corre o vento' triunfan na 20ª MICE
Eros, o documental de de Rachel Daisy Ellis sobre os "moteis do amor" en Brasil, fíxose co Premio AGANTRO á excelencia antropolóxica na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego. O Premio MICE ao Mellor filme galego foi para Corre o vento, unha peza de Paula Fuentes e Guillermo Cabrera que nos conduce até Vilar do Courel, unha pequena aldea que leva décadas resistíndose á desaparición.
As vilas non se renden: miles de persoas saen á rúa contra Altri
Grupos Vivos contra Altri por todo o país saíron hoxe ás rúas de máis dunha ducia de concellos para protestar contra o proxecto da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei e a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) positiva a este proxecto que a Xunta de Galicia emitiu no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado venres 14 de marzo.
Pontón reclama que Rueda explique no Parlamento por que fai “de comercial de Altri"
“Imos gañar a batalla de Altri fronte á traizón do PP coa mobilización de todas as persoas que lle queren a Galiza”. Así o afirmou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nunha comparecencia trala reunión de urxencia que o grupo parlamentar celebrou este sábado no Parlamento para abordar a situación creada despois da publicación do informe ambiental favorable ao proxecto de macrocelulosa.