A Audiencia da Coruña condena a Wizink a devolver máis de 43.000 euros por un contrato "abusivo"
A Audiencia Provincial da Coruña condena a entidade bancaria Wizink a devolver 43.974,15 euros a un cliente que contratou unha tarxeta revolving no ano 2000 cun interese do 24,6% TAE ao considerar "abusiva" a cláusula de intereses do contrato
A coruñesa Bea Lema recibe o Premio Nacional de Cómic do Ministerio por 'O corpo de Cristo'
O xurado destacou a súa obra O corpo de Cristo (Astiberri) por ser "unha obra innovadora, arriscada no formal, con texturas e composicións que transcenden as técnicas máis utilizadas sen renunciar ao uso do humor e a unha mirada poética". Así mesmo, salientou que a obra "posúe unha gran profundidade e sensibilidade pola maneira de abordar un tema tan complexo como o da saúde mental desde a propia experiencia da autora, así como a reivindicación da importancia dos coidados".
Unha científica galega na Antártida para fortalecer os liderados femininos ante os retos globais
A bióloga barbanzá Alba Fernández-Sanlés embárcase o vindeiro xaneiro na expedición organizada pola entidade australiana Homeward Bound tras máis dun ano de formación. A viaxe procura "crear conciencia sobre o impacto do cambio climático" nun dos lugares máis sensibles do planeta, mais tamén crear rede entre as mulleres participantes. Fernández-Sanlés persegue tamén "representar Galicia de maneira explícita na ciencia internacional"
Búscanse mulleres con endometriose para coñecer como as atende o Sergas
A asociación QuerENDO ten en marcha unha pescuda co obxectivo de "loitar por melloras e dar visibilidade á situación real das doentes" e pide espallar un formulario en liña co que coñecer a experiencia das mulleres que padecen a enfermidade
Sete de cada dez fogares galegos con dereito ao bono social eléctrico non o reciben
Un informe de EsadeEcPol e Oxfam Intermón calcula que apenas o 28,2% de potenciais beneficiarios desta axuda no noso país están a recibilo. Na media estatal non chega ao 25%. O documento aposta por simplificar trámites e introducir variables de renda para as familias numerosas, as máis beneficiadas pola medida
Interior quere reducir de 0,5 a 0,2 a taxa de alcol en sangue ao volante 25 anos despois da anterior rebaixa
Ata 1999 estaba en 0,8 e agora o ministro, Fernando Grande-Marlaska, cre que "a sociedade está madura" para esta nova redución
Músicas no Minho: a Eurocidade Tui-Valença como referencia para a industria musical a ambas beiras do río
Alana, Amoebo, Os D’Abaixo, Quico Comesaña, Ruxe Ruxe e Su Garrido Pombo estarán no V Encontro Profesional de Música Galiza-Portugal que se celebra do 12 ao 15 de setembro
Concurso público para dirixir a CRTVG: en marcha a lei popular por uns medios públicos "ao servizo do pobo"
A histórica xornalista Tereixa Navaza pon voz ás entidades que promoven a ILP para, din, poñer fin á "censura" nuns medios públicos que só deben ter "un amo: a cidadanía deste país". BNG e PSdeG brindan o seu apoio á iniciativa, que precisará 10.000 sinaturas para ser abordada polo Parlamento e que dependerá, en última instancia, do voto da maioría absoluta do PP
Catro días de ilusión no Lugo Máxico
O Mago Antón dirixe o festival que desprega a maxia pola cidade da Muralla do 10 ao 15 de setembro: do hospital ás prazas pasando polo auditorio Gustavo Freire e un emblemático restaurante punto de encontro de magas e magos
"Nunca se viu algo tan grande nunha vila tan pequena": música e mar, da man no Revenidas 2024
Varias das principais bandas e artistas da escena musical galega e estatal volven a Vilaxoán do 12 ao 15 de setembro
A meteoroloxía axuda cos incendios de Crecente e Entrimo, que suman 500 hectáreas, case como no que ía de ano
Os investigadores consideran que o incendio de Crecente, que obrigou a desaloxar vivendas e a activar a Unidade Militar de Emerxencias, foi intencionado
Desmantelada unha organización de explotación sexual de mulleres nun piso do centro da Coruña
Tres mulleres "en situación de vulnerabilidade" eran forzadas a prostituírense "as vinte e catro horas do día e os sete días da semana". A Policía mantén aberta a operación, na que a considerada "responsable" do piso e catro "encargadas" foron detidas