Bubela, carrán, cotovía, mazarico, miñato, pardela, pega ou rola: a Academia estrea un buscador de nomes de aves
A Real Academia Galega estrea unha ferramenta en liña coas denominacións unificadas de máis de 600 especies diferentes de aves. A lingua galega é extraordinariamente rica en denominacións de aves e son moi frecuentes os casos de paxaros que se coñecen con varios nomes nas diversas zonas do territorio
Darío Xohán Cabana, Fuxan os Ventos, Maruja Mallo ou Maruxa Villanueva? A cidadanía de Lugo vota o nome do seu auditorio
O Concello lanzou este luns na súa web unha consulta pública para que a cidadanía maior de 15 anos decida entre catro opcións para dar nome ao novo equipamento, que se inaugurará o 20 de decembro cun concerto gratuíto de Ainhoa Arteta. Será o final da longa historia dun edificio inaugurado xa por Feijóo en 2016, pero que só foi entregado á cidade en 2020 e con graves problemas de filtracións e humidades que tiveron que ser resoltos polo Goberno municipal.
- Galería de imaxes
- Cultura Pontevedra
Unha gran pandeiretada pecha o Culturgal 2024, polo que pasaron 12.700 persoas
Durante as tres xornadas pasou polo Pazo da Cultura de Pontevedra o máis destacado da cultura galega, con propostas para todos os públicos (cunha intensa programación para a rapazada) e espazos para todas as artes, dende a literatura á música, pasando polas artes escénicas e plásticas, pero tamén os videoxogos
Os 11 grupos de traballo que propón a Xunta para un novo pacto lingüístico: do ensino á sanidade, pasando polos medios
A Xunta afirma querer "actualizar" o Plan de Normalización aprobado por unanimidade en 2004 e incumprido en gran parte e promete o "crecemento orzamentario para a política lingüística", despois de reducir as partidas un 60% dende o 2009.
Un plan para protexer a Carballa da Rocha, 'monumento natural' de 500 anos de idade
Trátase dun carballo de 33 metros de altura e sete metros de perímetro que medra en Rairiz de Veiga. Declarado árbore senlleira e monumento natural en 2007, agora contará cun plan de xestión para garantír a súa preservación.
Organizacións ambientais de todo o mundo esixen á Xunta e ao Goberno de España que rexeiten a fábrica de Altri
"Deberiamos ir na dirección contraria: reducir a superficie de eucalipto tal e como esixe o Plan Forestal Galego actualmente en vigor, avanzar cara á redución global da produción e o consumo de papel", destacan medio cento de entidades ambientais de cinco continentes. Fan un chamado á Xunta e ao Goberno de España para que reaccionen de forma urxente e pública á súa petición para "parar dunha vez por todas" o proxecto de Altri
Diximed: un dicionario de saúde en galego para a rapazada coas voces dos propios nenos e nenas
Este luns presentouse a versión galega dun proxecto iniciado hai cinco anos en Catalunya e que inclúe 363 de termos médicos, explicados cunha linguaxe adaptada ao nivel de comprensión entre 6 e 12 anos. Foi traducida polo Servizo de Normalización Lingüística da USC e o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP López Ferreiro, de Santiago, que gravou todas as definicións para a súa escoita na web.
Novo clamor feminista nas rúas contra a violencia machista
As mobilizacións do movemento feminista en vilas e cidades pecharon unha xornada de reivindicacións e concienciación contra as agresións de xénero: "A violencia machista ten moitas formas: combatámolas todas"
Catro dos cinco axuizados por matar a Samuel Luiz, culpables do asasinato
O xurado popular considera tres dos xulgados como autores do asasinato do mozo coruñés e a un cuarto, cómplice. Entende que o principal acusado actuou "por animadversión cara á orientación sexual que atribuíu á vítima" A quinta acusada é exculpada.
Besteiro advirte dun "mercado de alugueiro roto" que "non se pode arranxar cos parches da Xunta do PP"
O secretario xeral do PSdeG contrapón a súa iniciativa de Banco Público de Alugueiro, "inspirado en iniciativas exitosas de Portugal e Euskadi", con "políticas que non solucionan os problemas reais" coma os "aloxamentos compartidos" que impulsa a Xunta. Os socialistas xuntan os responsables de Vivenda de Euskadi e Catalunya e unha ex-ministra portuguesa deste eido no seu ciclo 'Diálogos con Raíz'
"Feliz 25N, multinacionais!": a campaña do BNG "contra a privatización da atención ás vítimas de violencia machista"
O Bloque pon o foco en rexeitar "a privatización de servizos de atención ás vítimas de violencia machista" tras adxudicar a Xunta a OHL e Eulen a xestión dos centros de crise para mulleres que sofren agresións sexuais. "É unha irresponsabilidade que reborda calquera límite moral", censuran
"Moito coidado": as infeccións de transmisión sexual, no foco da Deputación da Coruña cara ao 25N
A acción institucional polo día contra a violencia machista procura transmitir que "hai que coidarse e tamén ter coidado" para "previr condutas machistas e neglixentes nas relacións sexuais. A campaña encádrase na iniciativa 'De fronte á violencia de xénero', que vai alén do 25N e se prolonga todo o ano