Palas de Rei prepárase para recibir manifestantes de toda Galicia porque "sobran os motivos" para opoñerse a Altri
A marcha deste domingo, convocada pola Plataforma Ulloa Viva baixo o lema “Dende a Ulloa ata a Ría, terra auga e aire son vida” comezará ás 12 no polígono industrial de Palas e rematará na Praza da Feira
Un manifesto impulsado por Xurxo Souto e inspirado en Luísa Villalta pide vencellar poesía e música no ensino
O músico e mestre, que este ano publicou Somos un pobo de artistas seguindo o ronsel aberto por O outro lado da música e da poesía, de Villalta, chama a "superar complexos de superioridade e vellos prexuízos académicos" e a procurar "un reencontro didáctico", subliñando que non se pode entender a literatura galega sen música
A veciñanza de Cans homenaxea a Kepa Junkera, que xa ten o seu 'jaliñeiro'
Unha ruada musical acompañada polas amizades do músico vasco e polos veciños e veciñas da parroquia deu paso ao acto polo que Kepa Junkera pasa a dar nome ao Jaliñeiro do festival, onde actuou hai dez anos. No ano 2018 sufriu un ictus que lle impide tocar música e limita moito os seus movementos
A USC rompe relacións coas universidades ou empresas israelís que non acepten un estado palestino
O equipo de goberno comprométese a "intensificar" o seu apoio ás universidades palestinas
España, Noruega e Irlanda anuncian que recoñecerán o Estado palestino o próximo martes
Pedro Sánchez e os seus homólogos aseguran que a única solución para a paz pasa pola convivencia de dous estados, Israel e Palestina
Das gandarías ás panadarías: produtoras da Ulloa contra Altri
"O noso tecido socioeconómico, que resultou ser un modelo exitoso de fixación de poboación e de cohesión territorial, está en perigo", sinalan as impulsoras do manifesto, que subliñan o seu papel fronte á crise climática. Empresas como Pazo de Vilane, Milhulloa ou Arqueixal, fornos de pan da contorna ou as denominacións de orixe Arzúa-Ulloa e Queixo de Tetilla apoian o
- 📺
- Economía
Persoal de Finsa mobilízase tras 15 anos de "convenio parcheado" fronte a "beneficios récord"
Actualización de salarios conforme ao IPC ou maiores remuneracións para o traballo en noites, festivos e fins de semana encabezan as reivindicacións do persoal da madeireira, que cortou a N-550 ante os servizos centrais da compañía para facer ecoar a súa mobilización. Este xoves volven as negociacións, pero advirten: "A tensión vai a máis"
Anova escenifica o apoio ao BNG nas eleccións europeas para consolidar "un espazo en defensa de Galiza" e da "democracia"
Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras compareceron este luns con Ana Pontón para pedir o voto para Ana Miranda, nunha "candidatura de País" que quere contribuír dende Galicia "a construír esa Europa que se constitúe dende a defensa da democracia, as liberdades e os dereitos".
O cine que pasa por riba das fronteiras: Verín e Chaves, unidas a través dos seus festivais de curtas
Esta fin de semana os responsables do FIC Vía XIV de Verín estiveron no Entre Curtas de Chaves, iniciando unha colaboración pola que tres dos filmes vencedores na cita lusa se proxectarán este verán no evento galego.Tamén se intercambiarán xurados, ademais de "ideas e coñecementos" para "xerar unha alianza que se traduza nunha mellor oferta cultural para a Eurocidade"
Peche indefinido por Palestina na Universidade de Santiago
A Asemblea Aberta constituída na facultade de Xeografía e Historia da USC, que acolle o peche, reclama que a institución académica cancele "calquera colaboración con universidades, institucións, empresas e centros asociados públicos ou privados" de Israel
Máis dun ano sen Comisión de Contas: "O PP bloquea para ocultar as súas chapuzas", alerta o BNG
A comisión para as relacións co Consello de Contas non se reúne dende abril de 2023. Entre os informes pendentes de avaliar están os que tratan os contratos de emerxencia da COVID ou o que acredita que a Xunta paga de máis polas autoestradas con peaxes na sombra, subliña a deputada Noa Presas
Milleiros de persoas reclaman que a Xunta cumpra o Plan de Normalización para "reverter a situación de emerxencia lingüística"
Na manifestación convocada por Queremos Galego en Compostela baixo o lema 'Un idioma galego vivo é a mellor garantía dunha Galiza viva', Ana Pontón esixe a Alfonso Rueda "un cambio de rumbo" en relación coa lingua, que inclúa a derrogación do Decreto de Plurilingüismo