O PSC de Salvador Illa gaña as eleccións en Catalunya e o soberanismo perde a maioría
O ata agora president de ERC, Pere Aragonès, sofre unha importante caída mentres PP e VOX mantéñense na irrelevancia malia mellorar resultados e Ciudadanos desaparece
Os Premios Follas Novas recoñecen a Susana S. Arins ou Silvia Penas nunha edición dominada polas escritoras
Os Premios Follas Novas do Libro Galego pecharon a súa edición deste ano coa tradicional gala no Teatro Principal de Santiago que deu a coñecer aos gañadores en cada unha das trece categorías destes galardóns. As escritoras dominaron os recoñementos este ano, xa que obtiveron dez dos 13 posibles. A novela Cinco corujas, de Susana Sanches Arins (Através Editora), fíxose co premio de obra narrativa; Retratos de vodas, partos e funerais, de Silvia Penas (Editorial Galaxia), acadou o galardón ao mellor libro de poesía nunha edición que rendeu homenaxe ao escritor Joseba Sarrionandia, á libraría Eixo, e ao desaparecido editor Francisco Porrúa.
Confirmadas as multas ás empresas que impedían reservar no camping de Ons a quen non lles mercase tamén a viaxe
As empresas do Grupo Acuña aproveitaban a súa posición "exclusiva" da concesión do camping da illa para impedir que quen contrataba o transporte de ría con outra compañía puidese reservar o aloxamento, constata o Tribunal Supremo
Menos peregrinos e "un deterioro irreparable da economía local": os efectos de Altri sobre o Camiño de Santiago na Ulloa
Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, o Sindicato Labrego Galego e a Plataforma Ulloa Viva remitiron unha carta ao Ministro de Cultura, Ernest Urtasun, na que advirten de que a instalación da celulosa en Palas de Rei provocaría "graves afectacións" aos camiños declarados Patrimonio Mundial da Humanidade pola UNESCO
A Xustiza paraliza a construción do parque eólico Acibal polo descubrimento de restos arqueolóxicos
A Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia adoptou a medida cautelar solicitada pola asociación ecoloxista Adega de suspender as obras de construción do parque eólico Acibal (Amil, Moraña) autorizadas pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia. A medida ten como consecuencia a paralización inmediata das actuacións polo descubrimento de restos arqueolóxicos.
As universidades galegas comezan a mobilizarse en solidariedade con Palestina
Este xoves está convocado o inicio dunha acampada no Campus de Elviña da UDC e Erguer impulsa unha Asemblea Aberta en Compostela para decidir futuras accións, que se unen ás concentracións xa programadas para o vindeiro martes nos campus universitarios das sete cidades galegas.
Mulleres á fronte! Unha investigación participativa documenta creadoras musicais entre as migrantes de Galicia e Cabo Verde
A investigación, coordinada pola profesora da USC Luzía Oca, pon o foco nas mulleres vinculadas coa música e outras artes escénicas, con base na potencialidade das artes en canto ferramentas de intervención para a transformación social. Quere apoiar, ademais, o proceso de valorización do batuko que se está a desenvolver en Cabo Verde.
Volven os martes de cinema a 2 euros para maiores de 65
Na primeira edición de Cine Sénior, que logrou "incrementar un 49% a asistencia ás salas os martes", adquiriron as entradas a prezo reducido case 17.000 maiores de 65 anos en Galicia
David Trueba e María Vázquez, protagonistas dun Festival de Cans que homenaxeará a Kepa Junkera
A 21ª edición do certame celebrarase nesta parroquia do Porriño do 21 ao 25 de maio. Proxectarase o filme As Neves de Sonia Méndez, a preestrea de Alumbramiento de Pau Teixidor ou a retrospectiva internacional do colectivo Société Acéphale. Ademais, estrearase a sección Cineherdanzas, que descubrirá por vez primeira o legado fílmico de Carlos Asorey
Artes feministas Polas Bravas en Chantada
Tras o éxito no seu nacemento en 2023, o "primeiro festival feminista da provincia de Lugo" volve os días 24 e 25 de maio cun cartel diverso no que músicas como as de Caamaño e Ameixeiras ou EME DJ se combinan con poesía, circo ou teatro
A solidariedade galega con Palestina non cesa, agora cunha campaña viral que leva a protesta ao espazo público
Unha acción de arte de guerrilla está a pegar pequenas imaxes de kufiyas (o tradicional pano palestino) nos sinais de tráfico e no mobiliario urbano de distintos lugares de Galicia. Este luns, ademais, tiveron lugar concentracións en 30 cidades e vilas galegas, dando continuidade a un movemento de denuncia iniciado hai case sete meses.
Bird Brother: a vida (dos lagarteiros) en directo desde a Casa (Grande de Xanceda)
O IES de Curtis e o Grupo Naturalista Habitat están a retransmitir o aniñamento dunha parella de lagarteiros da que en breve se agarda que nazan seis crías