Galicia encabeza as mortes por afogamento, con 36 en só seis meses
A cifra, moi por riba dos datos de anos anteriores, sitúa o noso país como o territorio do Estado con máis falecementos por esta causa. A maior parte das mortes rexistradas este ano en Galicia e no conxunto do Estado producíronse en espazos sen vixilancia
Lucas Pérez dará o pregón das Festas de María Pita, que inclúe a Budiño, Los Planetas e Rodrigo Cuevas na programación
Ademais da programación de concertos e outras actividades das Festas de María Pita, o calendario inclúe o Viñetas desde o Atlántico, o Festival Noroeste, o fútbol do Teresa Herrera e a Romaría de Santa Margarida, ademais da Feira do Libro, o Festival Internacional de Folclore, a Semana Clásica e o Festival de Habaneras
Denuncian o uso dunha mámoa en Pantón como rampla de saltos nunha competición de motos
ADEGA e Mariña Patrimonio alertan de que as probas motociclistas de enduro do Alto de Guítara, nas que chegaron a participar 250 motos, veñen celebrándose dende o ano 2022, e a última edición tivo lugar en marzo de 2024.
12 horas para "resignificar a galeguidade" e proxectar Galicia no mundo
Este mércores o IGADI organiza a primeira edición do Maratón de Galeguidades, un evento online no que dende as 8:30 da mañá se sucederán conexión en directo cos diferentes continentes para manter entrevistas e faladoiros con galegos e galegas que viven e traballan neses lugares. Búscase "visibilizar" o papel da emigración galega na construción da Galicia global de hoxe e reflexionar sobre a potencialidade da diáspora.
Besteiro avanza ao comité de Alcoa luz verde estatal a construír tres eólicos para fornecer enerxía á fábrica
A autorización da construción dos parques Moeche, Badulaque e Barqueiro chega pouco despois de que o Goberno de España tamén aprobase os denominados Tesouro e Santuario, todos eles promovidos por Enel
Akira Toriyama e o 'Gaspariño' de Xaquín Marín, protagonistas do Viñetas que confirma A Coruña como "a cidade do cómic"
Viñetas desde o Atlántico celebrará a súa 27ª edición do 12 ao 18 de agosto cunha ampla programación na que destaca a exposición colectiva Toriyama en Galicia, da man dunha coidada selección de autoras e autores do país. Ademais, Gaspariño convértese no primeiro personaxe galego que se incorpora á colección de figuras de tamaño xigante que durante eses días se instalarán na cidade.
Ribeira acolle a primeira mostra dos gravados de Castelao que formaron parte dos 'Cincuenta homes por dez reás'
O Museo do Gravado acolle a exposición Os homes, por Castelao na Colección de Roberto Taboada, que amosa por vez primeira as 68 pranchas de cinz orixinais utilizadas polo artista rianxeiro na creación destas estampas, que primeiro se publicaron no xornal Galicia
Cada euro investido nas bibliotecas regresa á sociedade multiplicado por catro
A Consellería de Cultura deu a coñecer un estudo que cuantifica o beneficio social das bibliotecas públicas. O 36% da poboación galega é socio ou socia dalgunha das 391 bibliotecas do país, que en 2022 tiveron máis de catro millóns de visitas e realizaron máis de tres millóns de préstamos
As empresas galegas de alta tecnoloxía aumentan a súa cifra de negocio nun 19% nun ano
O sector, que agrupa a empresas de automoción, aeronáuticas, farmacéuticas, químicas ou informáticas, entre outras, acadou unha cifra de negocio de 16.374 millóns de euros en 2022
A Coruña dá un prazo de 72 horas para a solución do conflito do lixo ou contratará de urxencia outra empresa de recollida
No caso de que a situación non se restableza ao longo da fin de semana, este luns o Concello declarará a emerxencia sanitaria co obxectivo de "contratar de maneira urxente" os servizos precisos para acometer "os traballos de recollida de lixo de maneira excepcional". A alcaldesa, Inés Rey, subliñou que "é imprescindible actuar con firmeza e determinación" ante o que está a ser "unha chantaxe á cidade" a cargo do sindicato STL.
- Obituario
- Cultura
Falece o actor Xabier Deive, "compañeiro querido e respectado"
"Marchou como a estrela do rock que era: discretamente", evoca o seu representante. "O seu traballo no teatro e mais no audiovisual, eidos nos que legou mostras incontestables do seu talento artístico, deixa testemuño dunha forma de entender, exercer e vivir o oficio" que a Asociación de Actores e Actrices de Galicia recoñece como exemplo para todos e todas"
A folga do lixo da Coruña vai camiño dun mes e o sindicato investigado por "rede criminal" pon máis condicións
Os convocantes esixen agora a retirada de todas as sancións ou, en caso contrario, adiantarán a conversión do paro en indefinido ao 28 de xullo. No inicio da investigación a Policía advertiu de que os acusados crearan unha "rede criminal" a través do STL que, entre outras acusacións, cobraban "mordidas" aos empregados para poder traballar no servizo de limpeza da cidade