Dende a India para Galicia: un Día Nacional a 8.000 quilómetros do país
O pasado 25 de xullo un acto público na Woxsen University, en Hyderabad, capital do estado de Telangana, celebrou o Día Nacional de Galicia. Foi o primeiro evento do Centro de Estudos Galegos
A Mostra de Teatro de Ribadavia bate o seu récord de público na despedida de Roberto Pascual como director
A edición número 40 da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia pechouse esta fin de semana cun máximo de asistencia que superou as anteriores marcas acadadas nos anos 2018 e 2019. Pascual abandona a Dirección despois de 15 edicións nas que fixo medrar cuantitativa e cualitativamente a MIT
Principia a folga indefinida do lixo na Coruña sen persoal secundándoa e sen recollida en múltiplos barrios
A empresa Valoriza, contratada polo Concello coruñés no marco da emerxencia sanitaria, leva recollidas case 200 toneladas de refugallos. Na Sagrada Familia, O Castrillón, Os Castros, Matogrande e Eirís ou Mesoiro, Feáns e Valaire o persoal da concesionaria non recolleu lixo ningún este sábado. Na Cidade Vella chegou ao 75% e noutros puntos do centro, ao 70%
Os monicreques históricos da República Checa, protagonistas do Titiriberia de Rianxo
Entre o 12 e o 18 de agosto Rianxo acolle unha nova edición deTitiriberia: Festival de títeres tradicionais, que nesta ocasión conta coa República Checa como gran protagonista internacional.
Moaña suma 140 semanas de mobilización pola recuperación do PAC e chama a "unha gran marea branca"
Este domingo está convocada unha manifestación, na que se pide á cidadanía que acuda vestida de branco. Reclámase o regreso do servizo de urxencias (en Cangas dende a pandemia), o reforzo das ambulancias no Morrazo e a cobertura das vacantes.
Unha mostra fotográfica abre o "legado de amor e compromiso co saber e progreso" de Antía Cal e Antón Beiras
Ata outubro poderá verse en Muras a exposición "A malla de Pascual. 1957", formada por 35 imaxes tiradas por Antón Beiras, que en 1957 retratou os traballos na aldea da que era orixinaria Antía Cal. É a primeira actividade da iniciativa Legado Activo Beiras Cal
O Congreso SOPA volve a Ourense para debater sobre o futuro do rural
Entre o 2 ao 8 de setembro Muíños, Os Blancos, Calvos de Randín e Baltar acollerán a celebración do Congreso Internacional sobre Socialización do Patrimonio no Medio Rural (SOPA). O evento busca "educar no común, contactar, facilitar o acceso e a transmisión do patrimonio no medio rural; traballar no sentimento colectivo, con xente que quere comprometerse coa comunidade"
A Alba de Compostela consolídase como "festa común" para construír o futuro da cidade e do país
O Teatro Principal acolleu a segunda edición da conmemoración inspirada no Alba de Gloria de Castelao e que homenaxeou a Concha Losada, Xaquín Mato, Mabel Loza e a Miguel Fernández. A alcaldesa, Goretti Sanmartín, destacou que a festa "naceu para ser colectiva, unitaria, para sumar vontades, para dialogarmos e medrar, para subir novos chanzos nesta Compostela amada"
Besteiro reivindica o galeguismo que non fica no "simbólico" e procura "un país máis próspero"
O secretario xeral do PSdeG rexeita a "triste idea de que somos un territorio atacado e menosprezado". Contrapón o galeguismo do PSdeG cun Goberno do PP ao que "lle dá preguiza" o país e por iso "vive mellor inventando rivalidades que traballando para transformar"
A Coruña encarga a Valoriza a recollida de lixo mentres dure a emerxencia sanitaria
A empresa, que achegará 13 vehículos e 32 traballadores, comezará este xoves a recoller os residuos acumulados nas rúas da cidade. Nas últimas semanas, no marco do conflito que a cidade mantén co comité de empresa do servizo de recollida de residuos, controlado polo sindicato STL, 125 contedores foron queimados, cun custo total aproximado de 375.000 euros
Dous galegos falecidos e dous desaparecidos no naufraxio do Argos Georgia nas Malvinas
O palangreiro sufriu unha vía de auga a unhas 200 millas das Malvinas por causas que aínda se descoñecen. Entre as 14 persoas sobreviventes atópanse catro tripulantes galegos: tres veciños de Ribeira e un de Pontevedra
Fisterra e Nachikatsuura, Galicia e Xapón, unidas polo mesmo sol
Ás 22:07 da noite en Fisterra, 5:07 da mañá en Nachikatsuura (Xapón) produciuse, á vez, o solpor e o mencer a dez mil quilómetros de distancia. Un acto simultáneo das dúas localidades, que se retransmitiu na rede, amosou o fenómeno, que ten lugar dúas veces ao ano e selou a unión entre as dúas terras.