FIGA 2026: distribución, promoción e audiencias, así camiña un produto audiovisual
Na cuarta edición do Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA), a Academia Galega do Audiovisual programa en outubro e novembro tres talleres centrados en comunicación e promoción, desenvolvemento de audiencias e distribución, impartidos por profesionais de ampla experiencia no sector.
