A Filmoteca de Galicia reabre as portas despois dun ano de peche por obras e aínda sen dirección
O antigo CGAI recupera a súa actividade expositiva tras a reforma que serviu para modernizar a cabina de proxección e a sala José Sellier, unhas obras previstas para dous meses que se alongaron ata case un ano. Porén, segue sen cubrir a praza de director ou directora, tres anos despois da xubilación do seu último responsable, Guillermo Escrigas