A Xustiza certifica que o acordo do edificio Fenosa evitou recortes sociais na Coruña "durante moitos anos"
O auto co que o Tribunal Superior valida o acordo que evita demoler as obras ilegais autorizadas en 1997 resalta que a derruba deixaría o Concello "nunha situación económico-financeira insostible" con gastos próximos aos 60 millóns que obrigarían a "incrementar os tributos municipais" ata o "dobre da cota actual"