Acontece
O profesorado do ensino público mantén erguida a protesta contra o acordo educativo
CIG, STEG e CSIF cifran o seguimento da folga no 60%, semellante á de outubro, e a Xunta rebáixao por baixo do 10%. Unha multitudinaria manifestación percorre Santiago poñendo punto final a un ciclo de mobilizacións contra o "pacto das renuncias".
Francisca de Pedraza, resistencia e rebelión no século XVII
Sabela Álvarez Núñez
Dous expedientes graves a Monbus por un condutor que baixou escolares lonxe da parada e negou a folla de reclamacións
A Xunta incoou os expedientes tras confirmar que unha nai denunciara os feitos ocorridos en Poio á Garda Civil de Tráfico e tras recibir un atestado da Policía Local
- Datos Escola pública
- Acontece
O ensino afronta unha nova folga do profesorado galego, o que asume máis carga lectiva no Estado
CIG, STEG e CSIF convocan un novo paro contra o acordo educativo que supón unha redución de ratios e horarios que consideran insuficiente. O preacordo alcanzado en Madrid confirma os docentes galegos como os que asumen máis horas lectivas.
"Pokemon", "Transformer", "Drogadicto": o TSXG avala sancionar un profesor de FP por desconsideracións graves ao alumnado
O tribunal ratifica a suspensión de funcións durante ano e medio a un docente tanto por falta inxustificada de rendemento como polo seu trato ao alumnado
Unha... curiosidade ou atropelo?
Antonio Gregorio
- Galería Contra a violencia machista
- Acontece
O feminismo alza a voz contra a violencia machista nas rúas galegas
Este 25 de novembro o movemento feminista fíxose escoitar por todo o territorio galego para reclamar o fin da violencia machista. A Marcha Mundial das Mulleres convocou concentracións e manifestacións nunha trintena de cidades e vilas galegas, mobilizacións que tiveron lugar principalmente na última hora da tarde aínda que algúnhas xa foron ao mediodía.
Ames, o derradeiro concello con máis nacementos que mortes no país da natalidade minguante
Hai 10 anos o saldo vexetativo era positivo en 17 concellos, un número que foi descendendo en paralelo á diminución de nacementos. O pasado ano en cinco localidades non naceron nenos ou nenas e na Teixeira non se producen novas inscricións de bebés dende o 2017.
- Datos
- Acontece
A obesidade afecta case un cuarto da poboación adulta en Galicia, onde o 62% ten exceso de peso
Máis de medio millón de persoas sofren obesidade no país, sendo Lugo a provincia do Estado con maior porcentaxe de casos. A comunidade autónoma é a segunda con máis persoas con peso excesivo, pero sitúase por baixo da media estatal no caso dos menores.
Un 25N contra a 'espiral de violencia' que leva a un récord de denuncias e de chamadas ao 016 en Galicia
Este sábado celébrase o Día Internacional para a erradicación da violencia contra as mulleres, con actos institucionais -a maioría tiveron lugar este venres- e unha trintena de concentracións e manifestacións do movemento feminista galego. Nos últimos 20 anos 68 mulleres foron asasinadas en Galicia polas súas parellas e exparella e casa día preséntanse máis de 20 denuncias por violencia machista no noso país.
O xulgado arquiva o incendio nun edificio de Vigo no que morreron unha muller e os seus tres fillos por non ver intencionalidade
O informe policial atribúe a orixe do lume aos empalmes irregulares realizados no cadro eléctrico do edificio