Acontece
O baloncesto como refuxio para os refuxiados de Santiago
Cunha axenda só ocupada por unha hora e media ao día de clases de castelán, a Agrupación Deportiva Fontiñas tenta manter activos a migrantes acollidos nun antigo colexio das aforas, que desexarían máis actividades e comida
A comunidade educativa clama contra a falta de profesorado e a "propaganda" do Goberno galego
Unha manifestación convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público percorreu as rúas de Santiago para protestar contra os "recortes", chamando a atención especialmente contra a falta de especialistas para a atención á diversidade nos colexios de infantil e primaria
O excesivo uso de pantallas eleva ao 43% a porcentaxe de miopes entre a mocidade galega
O Colexio Oficial de Ópticos Optometristas de Galicia alerta do incremento de casos nas persoas de menos de 25 anos e tamén do aumento dos casos máis graves (superiores a seis dioptrías), que poden derivar en patoloxías de maior importancia. Recomendan pasar máis tempo ao aire libre e usar menos os dispositivos electrónicos, especialmente móbiles e tablets.
Os orzamentos da Xunta volven conxelar o número de docentes, por debaixo das cifras de 2009
CIG-Ensino denuncia que a Xunta mantén en 30.424 a cifra de persoal docente nos orzamentos para 2025, a mesma cantidade xa existente dende o 2022. O sindicato alerta de que o orzamento en Educación é un 7% inferior ao de 2009 en termos reais. Este sábado a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca en Santiago unha manifestación "contra os recortes e pola dotación do persoal necesario que demandan os centros educativos"
Servizos mínimos de entre o 32% e o 55% nos buses interurbanos para a folga do luns
A Xunta prioriza o transporte escolar de máis de 4 quilómetros e o laboral nas horas puntas
Sete xornadas de folga nos medios públicos e sen negociación á vista
A folga indefinida na CRTVG avanza e volve cortar a emisión en directo da Televisión de Galicia. O comité de folga salienta que a dirección do ente público "non amosa vontade ningunha" de atender as súas reclamacións, mentres a plataforma Por una CRTVG ao Servizo do Pobo comeza a recollida de sinaturas
Pormos o galego no centro da axenda
Xoán Antón Pérez-Lema
"Estaba cheo de sangue, non podía defenderse": a agonía de Samuel contada polos homes que o axudaron
Ibrahima Diack e Magatte N’Diaye tentaron frear o ataque, pero os agresores perseguíronos e impedíronlles calquera tipo de auxilio, explicaron este venres no xuízo os dous veciños da Coruña de orixe senegalesa. Ibrahima Diack e Magatte N’Diaye tentaron frear o ataque, pero os agresores perseguíronos e impedíronlles calquera tipo de auxilio, explicaron este venres no xuízo os dous veciños da Coruña de orixe senegalesa
Comeza a tempada de caza: 180.000 animais mortos cada ano en Galicia
70.000 coellos, 16.000 xabarís, 15.000 pombas ou 4.000 corzos veñen sendo abatidos anualmente no país, con cifras á alza malia a caída progresiva de licenzas
A vía dupla cara á extinción
L. C. Carballal
"Foi unha cazaría": os primeiros acusados detallan como morreu Samuel pero desmárcanse do crime
Sentan no banco da Audiencia da Coruña dous dos acusados, que se aferran á inocencai e inciden en que tentaron frear o ataque. Ambos apuntan a Diego Montaña como principal autor do crime: sinalan a súa actitude agreasiva e a súa ex-parella recoñece que a emprendeu contra a vítima ao berro de "maricón"