Acontece
- Datos Dereito á vivenda
- Acontece
Once desafiuzamentos por cada novo caso de ocupación en Galicia durante 2023
Os desaloxos máis habituais seguen sendo en vivendas alugadas, con case un milleiro durante o pasado ano. En pisos hipotecados rexistráronse 164. En total, 1.127. Mentres, os novos casos de ocupación non chegaron ao cento
A especialidade xudicial en violencia de xénero pon o foco no "sometemento" da muller polo "heteropatriarcado"
"É favorable que se asocie á especialización dos xulgados unha especialización dos e das profesionais destinados nos mesmos", destaca a xuíza de Lugo Sandra Piñeiro sobre a inminente creación desta especialidade xudicial en violencia de xénero, que "non resolve por si soa a carga de traballo dos Xulgados de Violencia sobre a Muller pero si dá máis estabilidade", como apunta a xuíza de Pontevedra Belén Rubido
O peche da rede de cobre pon fin á antiga liña fixa de teléfono á espera da expansión total da fibra
Telefónica pechará durante este ano as máis de 500 centrais de cobre que lle quedan en Galicia e a maioría deixarán de funcionar o 19 de abril para dar paso á fibra óptica, cuxa instalación afronta problemas pola elevada dispersión e a falta de cobertura móbil nalgunhas zonas onde xa non hai teléfono fixo.
O feminismo enche as rúas galegas "para varrer o patriarcado" e acadar a igualdade salarial
Con participacións multitudinarias en Vigo e A Coruña, as cidades e vilas galegas volveron alzar a voz polos dereitos das mulleres nas concentracións e mobilizacións convocadas tanto pola mañá como pola tarde, cando saíron a meirande parte das marchas feministas desafiando o vento e a choiva, en moitos casos.
71 pediatras do Sergas con cadanseu milleiro de pacientes para atender
Unha cuarta parte do persoal médico pediátrico nos centros de saúde do Sergas ten asignados máis dos 1.000 pacientes pactados como "máximo" entre Estado e autonomías, segundo datos da Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria
Paren máquinas
Llerena Perozo Porteiro
Un 8M compartido: que lle descubriu o feminismo ás mulleres novas do país
O feminismo é unha revolución permanente que ten que seguir poñendo o foco na igualdade efectiva no só no Día Internacional da Muller, senón todos e cada un dos días do ano. E unha revolución que precisa da implicación de toda a sociedade. Fillas de Cassandra, Arancha Nogueira, Isabel Garrido, Elba Souto, Inma Veiga, Ana Gayoso, Laura Camino Plaza, Ánxela Fernández Callís, Esther Estévez, Laura LaMontagne, Sara Seco, Andrea Maseda, Coral Piñeiro, Carlota Ducottet, Paula Jorge, Carmen del Río, Nicole Grueira e Cristina Incio del Río, dezanove mulleres menores de 35 anos do país, falan en primeira persoa sobre aquilo que descubriron grazas ao movemento feminista.
A Comisión Europea aclara que os 'pellets' afectan o medio ambiente e "posiblemente" a saúde humana
Virginijus Sinkevičius, comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, advirte tamén que os granulados "poden funcionar como vectores de transmisión de substancias tóxicas ou microorganismos patóxenos que puidesen ter absorbido", en resposta a unha pregunta parlamentaria do eurodeputado galego Nicolás González Casares.
A encrucillada de Vitrasa: entre a empatía e o fastío tras 100 días de folga no bus urbano de Vigo
A folga en Vitrasa supera os cen días co transporte urbano de Vigo en servizos mínimos e unha situación límite tanto para a cidadanía como para o propio cadro de persoal. Este venres será clave para o conflito posto que os traballadores e traballadoras terán que vota a continuidade da folga indefinida.
Blindarse contra os pisos turísticos: comunidades de propietarios de Vigo debaten entre a "seguridade" e a "demanda"
"Estamos na zona cero para o turismo e decidimos prohibilo porque tiñamos un trasfego brutal de xente polo edificio. Non había a seguridade que calquera quere ter dentro da súa comunidade", conta a Praza.gal a vicepresidenta dunha comunidade de propietarios de Vigo que modificou os seus estatutos para impedir os alugueiros turísticos
Falar
Antonio Gregorio