Sancións para quen teña máis lista de espera nos centros de saúde: Sanidade imputa ao persoal a súa "deficiente" xestión
Persoal de medicina de familia, pediatría e enfermaría dos centros de saúde coas axendas cheas e, polo tanto, máis de catro días de demora para consultas, está a ser penalizado polo Sergas con rebaixas salariais e o que cre "infravaloración" do seu traballo. "Estannos trasladando unha responsabilidade que é deles, é de xestión", asegura o médico de Familia da Coruña Ramón Veras