- Datos
- Acontece
Boa parte de Galicia apenas tivo tres días sen chuvia este ano
Dende o 1 de xaneiro en Santiago houbo só dous días sen chuvia. A Coruña, Lugo, Pontevedra e Ferrol tiveron tres xornadas sen precipitacións. Dende o 19 de xaneiro choveu todos os días en Ferrol, Santiago, Pontevedra. De igual xeito, no que levamos de ano houbo un gran número de xornadas sen un só minuto de sol (11 en Compostela, por exemplo).