Acontece
BNG e PSdeG reclaman a Rueda explicacións por “encubrir un presunto agresor sexual” durante meses
Tanto BNG como PSdeG puxeron o foco este sábado en pedir explicacións ao presidente da Xunta por ter "encuberto un presunto agresor sexual" durante meses, desde que tivo lugar a denuncia sobre o xa ex conselleiro do Mar, Alfonso Villares.
Nova Escola Galega rexeita a "censura" no ensino: "Non é posible nin responsable ser neutral"
A asociación explica que nunha sociedade que reclama respostas educativas a problemas como as distintas formas de violencia, o quecemento global, as diferentes formas de desigualdade ou o uso das tecnoloxías,“non é posible ser neutral, nin é tampouco responsable”, en resposta ás novas instrucións da Consellería de Educación con respecto á organización do vindeiro curso escolar.
- Reportaxe
- Acontece
As comunidades enerxéticas galegas, cambiando o sistema dende a base
Están a nacer en Galicia un gran número de comunidades enerxéticas. Iniciativas locais, impulsadas por comunidades de montes ou concellos que poñen en marcha de maneira colectiva instalacións de xeración eléctrica de autoconsumo a partir de fontes renovables. Falamos con Xavier Simón, responsable do Observatorio Eólico, que destaca que en Galicia se está a crear "un ecosistema enerxético colectivo" que nos vindeiros anos vaise multiplicar.
O 36% da poboación galega sofre síntomas de depresión e o 56% sobrepeso
Galicia é a terceira comunidade na que unha maior porcentaxe da poboación sufriu no último ano algún síntoma de depresión. Entre as mulleres, case o 44%, mentres que nos homes a cifra baixa ao 28%. O 17% da poboación galega sofre algún cadro depresivo de importancia, pero unhas 126.700 persoas que necesitaban acceder a atención á súa saúde mental non puideron facelo por motivos económicos.
Para a incorporación do galego ao comercio
Xosé Manuel Sarille
As 'patrullas veciñais' e a inseguridade na Ponte e no Vinteún elevan a tensión en Ourense
A veciñanza destes barrios vén denunciando un incremento da inseguridade nas súas rúas, ligada ao consumo e o tráfico de drogas. Nos últimos días puxéronse en marcha patrullas veciñais e creáronse grupos de whatsapp que sufriron a infiltracións de persoas de ideoloxía ultradereitista e de partidos como Frente Obrero
Críticas á organización dun encontro de bachata en San Simón a dous meses de ser 'Lugar de Memoria Democrática'
O congreso de baile +Q Bachata despraza o domingo a súa programación á Illa de San Simón. O evento espertou as críticas do Concello de Redondela, do BNG e de colectivos memorialistas, que o cualifican de "ofensa ás vítimas". Os organizadores destacan que se tratan dunha actividade "formativa e cultural" e non unha "festa"
Muller, española, 46 anos e con menores ao cargo: o perfil da perceptora do Ingreso Mínimo Vital en Galicia
Cinco anos despois da súa posta en marcha, as axudas englobadas na denominación de Ingreso Mínimo Vital chegan a 32.227 fogares (cun total de 87.173 beneficiarios e beneficiarias), dos que un terzo só cobra unha pequena axuda á infancia. O IMV chega ao 22,7% da poboación en situación de pobreza en Galicia. Dos 32 mil fogares que perciben as axudas, en máis de 20 mil hai nenos e nenas.
Anpas Galegas critica a instrución sobre "neutralidade ideolóxica" no ensino e reivindica o fomento de "valores"
Este martes coñeceuse que a Consellaría de Educación vai reclamar ás direccións de colexios e institutos "neutralidade ideolóxica" nas actividades complementarias do curso vindeiro, como "visitas didácticas ou charlas". "Queremos que as nosas fillas e fillos formen unha cidadanía responsable, respectuosa e consciente da súa sociedade e por suposto, sinala a entidade de familias de alumnado
Alertan da "repunta" da violencia machista ante a sucesión de intentos de asasinato e agresións sexuais
A Marcha Mundial das Mulleres publica un posicionamento ante os recentes feminicidios frustrados en Tomiño e Valdeorras, a denuncia dunha violación grupal de Vigo e a posibilidade de que un dos cadáveres calcinados en Campo Lameiro sexa o dunha veciña que sufría malos tratos. A entidade denuncia "pasividade institucional" e advirte da "normalización da violencia contra as mulleres".
O persoal médico galego rexuvenece un chisco, pero catro de cada dez teñen máis de 55 anos
A porcentaxe de profesionais médicos colexiados en Galicia de menos de 55 anos pasou do 57,5% en 2020 ao 63% en 2024. Porén, a realidade é que case cinco mil médicos e médicas na actualidade en activo en Galicia xubilaranse nunha década.