Acontece
Folga nos helicópteros de salvamento marítimo e parte dos de incendios desde o 1 de xullo
O sindicato SLTA critica que o aumento do gasto das administracións nos contratos de emerxencias aéreas acaba en maiores beneficios das empresas sen melloras para o persoal, como din que sucede en Avincis, antiga Inaer-Babcock
Os coches de Uber expóñense a multas de ata 6.000 euros por operar sen autorización en Vigo e na Coruña
A norma galega, que concede aos concellos a competencia para outorgar o permiso para a actividade dos Vehículos de Transporte con Condutor (VTC), prevé duras sancións para os condutores que a exerzan sen esta licenza. Os dous gobernos locais confirman que a multinacional está a actuar sen o seu consentimento e que as súas ordenanzas de mobilidade tampouco prevén de momento a súa concesión.
Gobernar "con sentidiño”
Xosé Mª Dios Diz
Uber desembarca en Vigo e na Coruña e abre unha fronte de conflito co sector do taxi
Os taxistas esixen que as compañías de VTC cumpran coa normativa e non ofrezan servizos urbanos sen contrato previo. A actividade da multinacional debe ser autorizada previamente polos concellos pero de momento as ordenanzas de mobilidade nin contemplan esta posibilidade.
'Altrilandia' e a tecnocracia da Xunta de Galicia
Xerardo Pereiro
Clamor na Xustiza para que o novo programa informático permita traballar tamén en galego
Máis de 350 profesionais secundan unha carta na que a Irmandade Xurídica Galega piden á Xunta e ao Estado aproveitaren a "oportunidade histórica" para "facer efectiva a cooficialidade" nos xulgados permitindo que o novo aplicativo, Atenea, comece a funcionar sendo "completamente bilingüe" e non se limite á actual versión, só en castelán
O Sergas non facilitou a lactación a unha médica con gardas de 24 horas e deberá indemnizala
Tras ser condenada en primeira instancia, a Xunta recorreu para limitar a 12 meses a exención das gardas da afectada, pero o TSXG reitera que deberá ser "mentres se manteña a lactación", que Sanidade recomenda cando menos ata os 2 anos
- Datos Dereito á vivenda
- Acontece
Os desafiuzamentos repuntan no inicio do ano e son 13 veces máis que os casos de ocupación
No primeiro trimestre de 2025 os xulgados galegos activaron en 300 ocasións o mecanismo para desafiuzar persoas da vivenda na que residen, unha vintena máis que nos tres meses previos e unha vintena menos que no comezo do ano pasado. Os xulgados recibiron 22 novas demandas por ocupacións ilegais. Son 0,8 por cada 100.000 habitantes, catro décimas por baixo da tamén cativa media estatal
- Datos
- Acontece
Apenas o 19% dos pais galegos collen a baixa de paternidade sen coincidir coas nais
Dende hai catro anos os permisos por nacemento para mulleres e homes en España teñen a mesma duración e son intransferibles. Porén, a gran maioría dos varóns optan por coller o seu permiso coincidindo coas nais, o que os reduce a axudantes das nais e acurta a duración do coidado retribuído para a parella
Un home asasina unha muller na Coruña nun novo crime machista
O agresor asestou varias puñaladas á falecida pouco despois das 6.30 horas da mañá. A Policía acudiu pouco despois e detivo de inmediato o home no propio inmoble. Activouse o protocolo VioGén por un posible caso de violencia de xénero, pois segundo varias fontes asasino e asasinada eran ou foran parella, un dato aínda non confirmado polas autoridades. Trataríase así do terceiro asasinato por violencia de xénero en Galicia este ano.
A Illa de Arousa busca protexer o seu 'paraíso natural' con restricións para os coches dos turistas
Obrigado pola saturación e as situacións de colapso, dende este domingo o Concello pon en marcha restricións no acceso a determinadas zonas para os vehículos dos visitantes do continente, limitación que non afectarán ás persoas residentes na illa nin a aquelas que pernocten no lugar. Ademais, introduce limitacións ao estacionamento na Area da Secada e vai iniciar unha rede de autobuses para acceder ás praias.