Adega alerta dos posibles prexuízos para as Fragas do Eume da planta de ENCE nas Pontes
A entidade ecoloxista denuncia que a factoría de reciclaxe de papel e cartón para fabricación de pasta de celulosa, que xa conta coa declaración de impacto ambiental favorable da Xunta, "de circular ten ben pouco" e advirte dos efectos sobre o río do vertido das augas empregas do proceso industrial "cunha alta carga orgánica".