Vigo, Oleiros e Nigrán son os concellos cun maior número de piscinas, máis de 40 mil en toda Galicia
A Xunta vén demandando dende a primavera que a poboación "restrinxa a renovación de auga" nestas instalacións, cada vez máis frecuentes no noso país. O seu número medrou aínda máis dende o inicio da pandemia de COVID. Os concellos con máis piscinas por habitante son O Pereiro de Aguiar, Amoeiro e Bergondo, con ao redor de 100 por cada 1000 persoas.