SOS Racismo reclama políticas contra a discriminación nun informe que detalla dous graves casos galegos
O informe anual da entidade inclúe 600 denuncias en todo o Estado, das que destaca unha ducia de situacións, entre elas dúas sucedidas na Coruña. Na primeira, critica que erros cometidos na atención a un home que sufría problemas de saúde mental acabou coa súa morte a disparos da Policía. Na segunda, detalla a agresión física sufrida por unha muller que coidaba unha persoa da terceira idade.