Detido o capitán dun pesqueiro galego acusado de escravizar mariñeiros senegaleses en augas arxentinas
A Fiscalía da Arxentina acúsao dun presunto delito de "trata de persoas con fins de explotación laboral", agravado "por aproveitarse da situación de vulnerabilidade das vítimas" e "consumar a explotación". A armadora do buque nega as acusacións da investigación, iniciada en 2017 tras o rescate "en estado de coma" dun dos mariñeiros, que relatou "traballos esgotadores de ata 22 horas ao día, os sete días da semana, en condicións insalubres"