Nin 'scroll' infinito nin botóns enganosos: Bruxelas quere regular os produtos dixitais aditivos para os usuarios
A Comisión abre a consultas un proxecto para protexer usuarios e consumidores no ámbito dixital
A Comisión abre a consultas un proxecto para protexer usuarios e consumidores no ámbito dixital
A unión dos dous focos en Chandrexa de Queixa e logo a outro en Vilariño de Conso creou un gran fogo de máis de 16.000 hectáreas, o meirande documentado no país, que afecta sete concellos. Moi preto, en Maceda tamén confluíron dous importantes incendios e en Oímbra e A Mezquita hai outros dous de 10.000 e 9.000.
"Ninguén nos preguntou nada, pero estamos preparados. Temos o noso propio plan de evacuación, comezando pola xente maior da aldea", conta Raquel de Acevedo, unha aldea de Chandrexa de Queixa á que aínda non chegou o lume
A unión de dous focos no fogo do Macizo Central apunta ao maior incendio rexistrado na historia de Galicia. En Maceda tamén se uniron dúas frontes, noutra xornada de caos e avance virulento das lapas en Ourense, con 8.000 hectáreas queimadas na Mezquita e 6.000 en Oímbra.
Medio cento de incendios no verán arrasaron xa unhas 25.000 hectáreas, máis de 16.000 entre o 12 e o 13 de agosto, superando amplamente a media anual da última década. Entre 2023 e 2024 arderan pouco máis de 9.000.
O Tribunal Superior de Galicia di que unha suposta escordadura de nocello "derivou nun proceso asistencial inusitadamente longo, marcado por catro intervencións cirúrxicas asociadas a outros tantos diagnósticos disímiles que, finalmente, non conseguiron o obxectivo da sanidade da paciente"
A virulencia dos incendios, avivados polas condicións que provoca o cambio climático, aumenta o risco para os núcleos de poboación. Neste verán, a Xunta decretou máis dunha ducia de veces a Situación 2 de emerxencia pola proximidade a varios lugares das lapas, que obrigaron a evacuar e confinar numerosas persoas.
O lume asola sobre todo o Macizo Central, cunhas 5.000 hectáreas ardidas. Un grande fogo continúa activo e sen control en Chandrexa de Queixa, onde a Xunta solicitou a axuda da UME e houbo que desaloxar veciñanza, ao igual que en Maceda, A Mezquita ou Seixalbo.
O maior incendio deste 2025 continúa activo e outro en Maceda arrasou 400 hectáreas e ameaza O Invernadoiro. Os fogos iniciados na fin de semana queimaron a metade das hectáreas ardidas en todo o ano en Galicia.
Alvarellos vén de reeditar, de maneira ampliada os Diarios escritos por Syra Alonso en 1938 e 1945 e nos que relata o sufrimento vivido no verán de 1936, cando o seu home, o pintor Francisco Miguel foi asasinado polos franquistas. Os seus restos, exhumados hai dous anos en Bértoa (Carballo) serán entregados á familia o vindeiro 29 de setembro como colofón a unha xeira de actos de recoñecemento á parella.
O proxecto promovido por Recursos Minerales de Galicia, na que a Xunta é o principal accionista e declarado "estratéxico" pola UE, pode ter efectos negativos sobre a dispoñibilidade de auga nesta zona de Ourense, alerta o sindicato, que anima a poboación a presentar alegacións ata o vindeiro 2 de setembro.
O lume en Vilardevós quedou extinguido na mañá deste venres logo dunha semana ardendo o monte. O fogo en Monteseiro, na Fonsagrada, continúa sen controlar tras queimar 120 hectáreas.