Os expertos do Ministerio de Xuventude recomendan "priorizar" o ensino analóxico en Primaria, onde se usa Edixgal
As recomendacións do informe presentado hai uns días chocan coa aplicación do programa de educación dixital en 5º e 6º de Primaria, como fai na actualidade a Consellaría de Educación. O documento, que recolle "beneficios" e "riscos" do uso destes dispositivos no ensino, pide unha maior regulación e unha revisión dos seus efectos para "determinar a súa achega á mellora da aprendizaxe segundo criterio científico"