- Día Mundial do Autocoidado
- Acontece
"A coidadora tamén necesita respirar de cando en vez"
A vida de Ángeles Rozas cambiou por completo o fatídico 3 de abril de 2003. Foi entón cando o seu marido Manuel sufriu un ictus e nada volveu ser igual. Para el e para ela, xa que desde entón ela pasou a ser a súa coidadora principal, ademais de nai, ama de casa e traballadora asalariada. Coincidindo co Día Mundial do Autocoidado, este 24 de xullo, Dano Cerebral Galicia fixo público un ‘Caderno de autocoidado para coidadoras de persoas con dano cerebral adquirido’, con recursos para doentes e coidadoras, que tamén pretende fomentar a reflexión sobre o labor de coidados e a corresponsabilidade.