O XXI Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa recoñece o Sindicato de Xornalistas Palestinos
A organización que representa os e as profesionais da información en Palestina estará representada polo seu presidente, Nasser Abu Baker, no acto de entrega o 10 de maio en Santiago. Co retorno da Autoridade Nacional Palestina en 1994, o Sindicato de Xornalistas Palestinos consolidouse como o marco sindical de referencia para os xornalistas dentro e fóra do país