"Novo chanzo represivo" nos medios públicos: o comité de folga denuncia que a CRTVG abre expedientes "por falta moi grave"
Dúas traballadoras da CRTVG en folga recibiron este luns a notificación da apertura dun expediente disciplinario "por falta moi grave" a causa dun presunto "incidente" que tivo lugar o pasado venres coincidindo co comezo dos paros que veñen impedindo a emisión do programa O Termómetro na TVG