
Bombeiros forestais reclaman mellores condicións e que o persoal de seis meses traballe máis tempo
A CIG denuncia que os fixos descontinuos que só traballan seis meses "non chegan nin ao limiar da pobreza".
A CIG denuncia que os fixos descontinuos que só traballan seis meses "non chegan nin ao limiar da pobreza".
As institucións lanzan cadansúa campaña de difusión con motivo do 25N. Destaca a do Concello de Santiago, que este ano enche de cor os seus carteis, despois de aposta polo negro dende o 2015. Ou a do Concello de Pontevedra, que incide en que unha vítima da violencia machista non 'morre', senón que é 'asasinada'. A Deputación da Coruña pon o foco nas violencias machistas en contextos de lecer, na festa e no ocio nocturno.
Residencias pequenas –arredor das 30 persoas- situadas no medio das vilas e con preferencia no acceso para os veciños da zona. Nestas “casas grandes” as visitas están permitidas sempre e os residentes poden saír tomar un café ou pasear se as súas propias condicións e o tempo o permite. Este é o novo modelo de residencias polo que está apostar a Deputación de Lugo, que conta cunha valoración moi positiva tanto por profesionais como por usuarios dos centros.
O curso ‘O sentido da vida’, celebrado esta semana na UNED en Vigo, abordou o suicidio xuvenil e adolescente. Os psicólogos e psicólogas participantes reflexionaron sobre as “alarmantes” cifras de suicidio en España e a perigosa dinámica de crecemento no sector máis mozo da poboación.
Despois da calor extrema das dúas primeiras semanas de outubro, dende o día 13 do mes pasado está a chover de forma continua na maior parte de Galicia. Falamos con David Domínguez (RedMeteo), que destaca que neste outono "está a chover coma antes" e anticipa que a partir da vindeira semana "o anticiclón pode gañar protagonismo", dando lugar a algunha xornada seca.
A XVI Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo premiou o libro Arquitectura y género. Una introducción posible, obra de María Novas (Bueu, 1987). Falamos con ela sobre as cuestións presentes na súa investigación, na que convida a entender a arquitectura como un ámbito atravesado polo patriarcado e que dá lugar a desigualdades na distribución de espazos nas casas e nas rúas.
Alingua lanza este curso o seu Catálogo de referentes acompañado dunha guía didáctica de descarga libre pensada para o alumnado do ensino secundario. O catálogo créase co fin de visbilizar os usos reais da lingua en ámbitos diversos e de prestixio e de achegar referentes que conecten coa mocidade
O país conta neste momento con 2.703.517 habitantes, unha cifra que non acadaba dende o cuarto trimestre de 2019, xusto antes da pandemia de COVID. O retorno dos fluxos de poboación inmigrante, especialmente de poboación nova, levou a un aumento de 12 mil habitantes nos últimos dous anos.